• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

As 'fintech' crearán 4.500 empleos en España no proximo ano

As 300 "fintech" e as 90 "insurtech" (especializadas en seguros) que ofrecen os seus servizos en España planean contratar en total 4.500 persoas en doce meses, segundo os datos solicitados por Finnovating, consultora estratéxica de referencia no sector, sobre unha mostra ampla de entrevistas aos seus  conselleiros delegados e ás súas conselleiras delegadas.

Recordatorio inscripción aberta para a segunda edición do programa formativo Medrando Xuntas

O programa conta con dous itinerarios diferentes, un para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección e outro para socias e traballadoras. En ambos casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias.

A realidade aumentada transformará a nosa forma de traballar

Despois duns inicios bastante mornos, a realidade aumentada está a deixarse ver como unha tecnoloxía cun futuro bastante prometedor. Boa parte deste cambio de imaxe xorde do fenómeno Pokémon Go que, hai aproximadamente dous anos, mostrou ao público xeneralista a realidade aumentada dunha forma natural mediante os personaxes do famoso videoxogo.

O balance dun mes de RGPD: mais queixas contra as empresas

A aplicación da nova normativa logrou que aumenten as protestas e que crezan as queixas. Iso é o que sinalan os reguladores de protección de datos dos diferentes países da Unión Europa. Como publican en Warc, partindo de datos asociados aos organismos de protección de datos de diferentes países, produciuse un considerable incremento das queixas relacionadas con protección de datos e tamén hai máis notificacións de brechas de seguridade en datos.

Novas oportunidades na economía conectada

Os patinetes teñen un valor determinado en función do seu estado de carga, e a tarefa de localizalos e facerse con eles foi comparada xa por algúns ás dinámicas de Pokemon Go: unha persoa pode, en función do número de patinetes que consiga localizar e cargar, pode gañar nunha noite algúns centos de dólares, a cambio dunha cantidade de electricidade bastante escasa e, sobre todo, do traballo necesario para recollelos e devolvelos.

Experiencias multisensoriais cambian as decisións de compra en tendas e restaurantes

Con todo, agora mesmo, o que as persoas esperan e o que queren é algo lixeiramente diferente. Agora queren experiencias e buscan ademais que esas experiencias sexan en grao sumo completas e do máis complexas. E esas experiencias, especialmente cando máis completas e máis intensas sexan, teñen un efecto directo sobre os consumidores e as consumidoras e sobre a súa percepción do estado das cousas.

A campaña de verán xerará 1.500.000 empregos, segundo Adecco

Adecco cre que os sectores do turismo e a hostalería seguirán sendo os maiores xeradores de emprego entre os meses de xuño e setembro. Así pois, non é de estrañar que durante o próximo verán os postos de traballo máis demandados vaian ser os cociñeiros e as cociñeiras, os axudantes e as axudantas de cociña, os camareiros e as camareiras, axentes de viaxes, camareiros e camareiras de piso, monitores e monitoras de tempo libre e socorristas.