• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O valor empresarial do deseño

En resumo, a influencia potencial do deseño no crecemento das empresas é enorme, tanto en produtos como en servizos. A boa noticia é que hoxe hai máis oportunidades que nunca para buscar un deseño centrado no usuario e analiticamente estudado. Os clientes poden enviar opinións ás empresas (e entre elas) en tempo real, o que permite que o deseño sexa medido polos propios clientes, xa sexa que as empresas queiran escoitalo ou non, a través dos seus comportamentos de compras.

Plan Integral de dinamización e promoción do consumo de madeira

Para iso, expóñense unha serie de ámbitos de traballo estratéxicos que se desenvolverán entre todas as entidades asinantes para alcanzar os obxectivos citados anteriormente.

Trátase dunha iniciativa histórica no sector, promovida pola iniciativa privada, resultado das dinámicas de traballo conxuntas que veñen desenvolvendo no seo da cadea forestal e que xeraron un espírito colaborador e de confianza. 

Competencias dixitais para fuxir do desemprego

Na mesma liña, a consultora  PwC prevé que en 2030 en España polo menos un 4% das profesións existentes desaparecerán e a OCDE engade que polo menos un 10% dos traballos estarán en perigo de desaparecer. Pero estes datos non teñen porqué ser totalmente negativos, numerosas persoas expertas coinciden que a dixitalización traerá consigo máis empregos novos que os que desaparecerán por mor desta.

O deseño das fábricas do futuro require novas mentalidades

Para impulsar solucións creativas como as que se queren lanzar, é necesario contar con xente distinta, que non necesariamente estará formada para o mundo da manufactura. En calquera caso, as habilidades necesarias para deseñar as factorías intelixentes factories non abundan entre as persoas  estudantes. As empresas do sector deberían considerar establecer alianzas con institucións universitarias, e poñer en marcha programas de formación e prácticas.

Salvo en lecer, en 2018 gastamos menos en todos os sectores

Segundo o estudo, “o consumo en España está a dar mostra de esgotamento”, como reflicte o descenso no número de persoas consumidoras que declararon comprar bens e servizos en distintas áreas (saúde, electrónica, mobles, reformas…). A porcentaxe cae en case todos os sectores se o comparamos co ano anterior, salvo en lecer, onde os españois e as españolas aumentaron o gasto un 5%.