• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Medidas adoptadas polo Concello de Santiago para a prevención do coronavirus

CULTURA
- Interrómpese a actividade escénica de todos os seus espazos – Auditorio de Galicia e Teatro Principal– co fin de prever a saúde das e dos espectadores, incluídas as representacións previstas para hoxe.

O peche terá lugar durante os próximos 15 días naturais a partir da data de hoxe sen prexuízo das posibles prórrogas que se poidan acordar de aquí en diante polas autoridades sanitarias.

Etiquetas

A sexta edición do programa Argos premia un proxecto de avaliación do benestar animal e unha proposta de cultivo e transformación de Arnica

A convocatoria contemplaba dúas categorías de premios establecidas e dotadas con 3.000 euros cada unha: Argos Spin para proxectos baseados en resultados de investigación da USC, e Argos Enxeño para os xurdidos de ideas propias ou empresas do contorno de Santiago e Lugo e seis meses de acceso gratuíto a espazos de incubación.

Santiago acolle do 3 ao 7 de xullo a quinta edición da feira de creación e innovación Maker Faire Galicia

As xornadas profesionais da Maker Faire Galicia terán lugar o 3, 4 e 5 de xullo no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia. O obxectivo destas xornadas é achegar ás empresas o potencial que ofrece o ecosistema maker e xerar novas sinerxias entre as dúas comunidades. Ao igual que na edición anterior, a feira volve contar co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e do Concello de Santiago a través do programa Compostela Móvese.

A Maker Faire Galicia contará con tres xornadas exclusivas para profesionais os días 3, 4 e 5 de xullo

O obxectivo destas xornadas é achegar ás empresas o potencial que ofrece o ecosistema maker e xerar novas sinerxias entre as dúas comunidades. Ao igual que na edición anterior, a feira volve contar co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia e do Concello de Santiago a través do programa Compostela Móvese. As xornadas profesionais organízanse coa colaboración da Asociación para o Progreso da Dirección (APD).

Novos enfoques para as compras públicas

Pero conseguir isto, significa simplificar os procesos internos para eliminar ineficiencias, eliminar os obstáculos que desaniman aos provedores para formular unha oferta e pasar dun proceso que se basea unicamente na xestión de riscos e o cumprimento dos requisitos legais a outro que, sendo xusto, equitativo e completamente legal, poida responder mellor aos desafíos e incluír ciclos de retroalimentación e mellora.

O Concello organiza con Woman Emprende a I edición da Feira de Emprendedoras de Compostela

Nesta I edición a temática e o sector escollido é o sector artesanal, no que se traballan valores asociados á creatividade, ás profesións, ao impacto social e medioambiental dun xeito compatible coa creación de empresas innovadoras, ligadas ao sector tecnolóxico e viables economicamente, pero poñendo no centro das organizacións ás persoas, tanto como produtoras como consumidoras.

Nace "Compostela Móvese pola Economía de Proximidade" cunha liña de produción e distribución de produto de horta

A partir do 18 de maio realizaranse tres cursos de "Horticultura biolóxica profesional e economía de proximidade" nos centros cívicos de Enfesta, Marrozos e O Castiñeiriño, de 66 horas de duración cada un, con titorías personalizadas a todas as persoas participantes e demostracións prácticas das técnicas explicadas en hortas de Compostela.

A cartelería dixital será máis interactiva e personalizada

En consecuencia, a cartelería foi evolucionando na mellora do contido, con ofertas atractivas e imaxes suxestivas. O salto á cartelería dixital permitiu incorporar vídeos e outros contidos dinámicos, así como ofrecer unha imaxe máis moderna. A súa implantación nas axencias é aínda incipiente pero vai tomando forza, do mesmo xeito que no comercio plo miúdo en xeral, con crecementos estimados aproximados de entre un 10-20% anual.