• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Compilación informativa sobre as medidas económicas extraordinarias tomadas ante a crise do COVID-19

Compílanse na seguinte relación artigos, guías e informes de fontes oficiais e entidades empresariais en relación ás medidas económicas extraordinarias adoptadas a raiz da crise sanitaria do COVID-19 que poden ser de utilidade para persoas traballadoras, empresariado e persoas autónomas:

Etiquetas

Publicadas as listaxes de beneficiarios/as das axudas a autónomos e micropemes e ao comercio do Plan de Reactivación Económica

En concreto, fanse públicas as listaxes da convocatoria de axudas para autónomos/as e micropemes de menos de 11 traballadores do programa Compostela Móvese e de dúas das convocatorias de Comercio: a de axudas para a reactivación económica do comercio local, e a de cheques de consultoría do programa Coidar para mellorar.

Medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria COVID-19

O capítulo II está integrado polos artigos 6 a 16 e recolle o mantemento de determinadas medidas de prevención e hixiene, como son o uso obrigatorio de máscaras na vía pública, en espazos ao aire libre e en espazos pechados de uso público ou que se atopen abertos ao público, así como nos transportes. Así mesmo, a este respecto, contémplase a posibilidade de que as máscaras poidan ser adquiridas de maneira unitaria nas oficinas de farmacia, o que facilita o seu acceso á poboación.

O Concello destina ata 400.000 euros á innovación do sector hostaleiro co obxectivo de facilitar a súa recuperación económica

Entre os obxectivos específicos das axudas está promover a implantación de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC); mellorar as condicións físicas dos locais en cuestións relacionadas coa distribución e funcionalidade dos espazos, a accesibilidade, a sostibilidade e o atractivo comercial; dotar os establecementos de equipamento e tecnoloxía que melloren a súa competitividade; implementar procesos de mellora comunicativa; incorporar ou ampliar o uso da lingua galega e doutros idiomas; e achegar recursos para atender investimentos e gastos correntes realizados con motivo da situaci

Axudas á adaptación de establecementos cara a COVID-19

O programa Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros –no que colaboran as consellerías de Economía, Emprego e Industria; Cultura e Turismo; e Infraestruturas e Mobilidade– achegará apoios inmediatos a máis de 27.000 establecementos galegos para que pemes e autónomos poidan instalar medidas de protección para traballadores e clientes.

As iniciativas subvencionadas poden ser novas ou estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma.

A Xunta de Goberno aproba a modificación dun crédito de 100.000 euros para destinalo a axudas ao sector hosteleiro

O Concello considera unha prioridade pór en marcha medidas concretas dende o ámbito municipal, o máis próximo á cidadanía, que aborden o impacto que o coronavirus causou neste sector e dean unha resposta inmediata ás necesidades que precisan os establecementos hosteleiros e de restauración.

Concello e Cámara facilitarán o acceso gratuíto de 200 establecementos de Compostela ao selo "Comercio de confianza"

Esta colaboración súmase a outras xa postas en marcha e conveniadas entre o Concello e a Cámara a raíz da crise da COVID-19. Así, 200 establecementos de Santiago de Compostela poderán acceder a este selo "Comercio de confianza", que garante que estes locais cumpren cos protocolos sanitarios e de seguridade establecidos no Protocolo e Guía de Boas Prácticas dirixidas á Actividade Comercial en Establecementos Físicos e non Sedentarios publicado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. O selo "Comercio de confianza" ten unha duración dun ano.

O alcalde participará o xoves nun webminar informativo sobre o Plan Marco de Reactivación Económica

No webminar, no que tamén participará a técnica municipal de Comercio Lucía Castro, analizaranse as líñas de axudas para a reactivación económica do comercio, autónomos e micropemes de Santiago de Compostela tras a situación provocada pola crise do COVID-19 correspondentes á anualidade 2020, os seus importes e prazos e os obxectivos específicos de cada unha das liñas da convocatoria.

O Concello emite unha instrución de aplicación da fase II ao sector de restauración e hostalería

No caso das terrazas, aclárase o procedemento que debe seguir a hostalería para beneficiarse da posibilidade de que o Concello conceda permiso para incrementar a superficie destinada á terraza ao aire libre , incrementando o número de mesas, respectando en todo caso a proporción do 50% entre mesas e superficie dispoñible e levando a cabo un incremento proporcional do espazo peonil no mesmo tramo da vía en que se ubique a terraza.

O Goberno municipal aproba plans de desescalada nos ambitos sociocultural, turístico, deportivo e de mercados

"Probablemente o luns haxa que matizar algúns dos acordos a día de hoxe, pero non podiamos esperar máis tempo", explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, a este respecto. Igualmente, engadiu, quedan pendentes ámbitos como o educativo, á espera das resolucións autonómicas na materia. O alcalde si dou por suposto o paso de Galicia á fase 2 da desescalada.