• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Remata a edición máis virtual de Talentia

Na apertura do foro, o rexedor compostelán lembrou o xérmolo do actual Talentia, a Feira de Empego, nacida hai xa 10 anos pero que nos últimos tres, xa baixo a marca actual, experimentou unha importante mudanza "cunha aposta decidida pola innovación e o talento". E ampliou o radio de acción: de ser un evento centrado en Santiago pasou a converterse nunha feira de referencia no ámbito galego e no nacional. "Só o 10% dos participantes nas últimas edición foron de Compostela", engadiu.

Un total de 88 empresas beneficiaranse das axudas para a mellora e innovación do sector da restauración e hospedaxe

Son en total 88 empresas que percibirán, en conxunto, 138.333,84 euros repartidos en tres liñas de subvencións:

Liña A. Axudas para investimentos na adecuación física dos locais, TICs e innovación: 70.508,44 euros.

Liña B. Gastos de comunicación, realizada en lingua galega e/ou noutros idiomas que contribúan a unha mellor atención da clientela turística recibida no establecemento: 20.978,84 euros.

Liña C. Outros gastos correntes xerados na adecuación dos negocios necesarios por mor da COVID-19: 46.846,56 euros.

O Pleno dá o visto bo ao Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable do Concello de Santiago

Santiago de Compostela foi un dos primeiros concellos galegos adheridos á iniciativa da Comisión Europea denominada Pacto das alcaldías contra o cambio climático. Antes de rematar o 2020, o Concello propúxose renovar o seu compromiso coa mitigación do cambio climático, e é por iso que agora o Pleno aproba este plan de acción, que ten como obxectivo diminuír en máis dun 40% as emisións de gases de efecto invernadoiro de aquí a 2030.

O manifesto municipal do 25N destaca o agravamento das desigualdades de xénero polas consecuencias socioeconómicas derivadas da pandemia

O manifesto, consensuado entre todos os grupos políticos con representación no Concello de Santiago, remataba co compromiso da Corporación Municipal na promoción de medidas a favor dunha igualdade real e efectiva, "actualizando estudos sobre a situación das violencias de xénero, desenvolvendo políticas en materia de igualdade no ámbito preventivo e educativo, achegando recursos económicos, e impulsando campañas que traballen pola erradicación das violencias de xénero co fin de situar esta problemática no centro da axenda política local".

Comeza a desenvolverse Biolumen, o proxecto de iluminación innovadora de Smartiago

Presentaron o proxecto o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; o director de Novas Liñas de Negocio de Televés, Iván Rodríguez; o director de I+D+I da citada empresa, Sebastián Pantoja; e Patricia Sanmartín Sánchez, investigadora do Grupo de Estudos Medioambientais Aplicados ao Patrimonio natural e cultural (GEMAP), da USC; baixo o lema "Aforramos en luz, gañamos en arte".

As axencias de desenvolvemento de España reflexionan sobre o seu futuro nunha xornada telemática

As axencias públicas de desenvolvemento, como o resto da sociedade, tiveron que adaptar a súa forma de traballo e as súas estratexias debido á actual situación co fin de seguir contribuíndo ao desenvolvemento nas súas respectivas zonas de influencia. É por iso que a Axencia de Desenvolvemento de Ejea de los Caballeros, SOFEJEA, organizou unha xornada de ámbito nacional para debater sobre "as axencias de desenvolvemento ante o desafío transformador da COVID 19".

O Concello pon en marcha una campaña de promoción e un directorio das industrias culturais de Santiago de Compostela

"O obxectivo é sensibilizar a toda a cidadanía e a outros sectores da cidade do difícil momento que atravesa a cultura, facela consciente da importancia estratéxica da cultura para o presente e futuro de Compostela, e tomar conciencia de que cada un/unha de nós pode axudar recoñecendo a riqueza e diversidade artística e consumindo os produtos e servizos culturais que se ofrecen na cidade", explicou a concelleira.

Sánchez Bugallo reivindica a aposta de Santiago pola innovación e as novas tecnoloxías, dous elementos clave que definirán o futuro despois da crise sanitaria

Sánchez Bugallo subliñou que estamos ante un escenario duro, difícil, moi complexo a causa da pandemia, \"tamén a nivel económico\". Pero é un contexto, continúa, no que \"a historia experimenta auténticos aceleróns\" e polo tanto, \"cheo de oportunidades\". \"O mundo que vai saír desta crise vai ser un mundo con cambios moi importantes\". Para o rexedor haberá un antes e un despois, polo que \"é moi importante anticiparse e aproveitar eses ventos de cambio\".

O pleno aproba o destino dos remanentes, a modificación de crédito para o Plan de Sostibilidade Turística e o inicio da modificación do PXOM para regular as vivendas turísticas

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, destacou que Compostela é o segundo concello de Galicia, despois de Vigo, que aproba o expediente para a utilización do remanente. O rexedor desculpouse pola celeridade na tramitación, pero indicou, "creo que os nosos veciños o necesitan, e creo que vostedes o cren tamén". A proposta saiu adiante cos votos a favor do grupos socialista e popular e coa abstención de Compostela Aberta e BNG.