Seminario sobre Empresas de Inserción Laboral
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo do Concello de Santiago de Compostela e a Asociación Plataforma polo Emprego organizan no marco das actividades do Pacto Local polo Emprego este Seminario dirixido a entidades de iniciativa social sobre as Empresas de Inserción. Foro de encontro no que o mundo da empresa e as entidades de iniciativa social debatan sobre a figura das Empresas de Inserción Laboral como ferramenta de promoción do emprego e loita contra a exclusión social.







