• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Amplíase, ata o 24 de novembro, a inscrición no curso "Empaquetado de regalos"

A concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo amplía, ata o 24 de novembro, o prazo de inscrición no curso Empaquetado de regalos, pertencente ao programa Formación para o comercio. As persoas desempregadas e/ou ocupadas que traballen no sector do comercio,poden apuntarse no formulario habilitado na parte esquerda.

Últimos días para inscribirse na xornada GranxaFamiliar

O 18 de novembro remata o prazo para inscribirse na xornada "GranxaFamiliar. Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos tradicionais e comercio electrónico". As persoas interesadas poden apuntarse no formulario de inscrición que atoparán na parte esquerda desta páxina, ou o 19 de novembro, o día do encontro no mesmo lugar de celebración: o Centro Sociocultural do Ensanche.

Últimas prazas para inscribirse no Seminario de creación e valoración de proxectos empresariais

As persoas interesadas en asistir ao seminario, que é gratuito, poden inscribirse e informarse no número do SAE, o Servizo de Apoio á Empresa da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O teléfono é o 981 568 752 e o enderezo Rúa do Hórreo, número 100 (fronte ao Parlamento de Galicia). Poden apuntarse no horario de oficina, de 9.00 h. a 14.00 h. de luns a venres.

Últimos días para inscribirse no curso Busca de emprego a través de internet

O luns e o martes, en horario de 9.00 h. a 14.00 h. son os últimos días para inscribirse no curso Busca de emprego a través de internet que se celebrará o 20 e 21 de outubro no edificio Cersia, en San Lázaro. As persoas interesadas en participar poden informarse e inscribirse nas oficinas que a Concellaría de Promoción Económica e Emprego ten na Rúa do Hórreo, número 100, ou a través do teléfono 981 568 752. O horario de atención ao público é de luns a venres, de 9.00 h. a 14.00 h. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos especificados.

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela colaboran na posta en marcha do programa Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social

A Oficina de Promoción Económica lanza este programa de impulso da economía social, en colaboración con Espazo Coop, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro de 2021 co obxectivo de impulsar un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social na contorna de Santiago de Compostela, dando a coñecer as especificidades, características e vantaxes do emprendemento cooperativo e a economía social para visibilizar e divulgar entre a poboación en xeral os modelos de empresas de Economía Social e o das cooperativas en particular como fórmula de creación de emprego estable e de

A Oficina de Promoción Económica lanza un ciclo formativo online centrado nas necesidades da economía COVID dirixido á hostalería, comercio e empresas culturais

A Oficina de Promoción Económica oferta un ciclo de actividades de formación online para a mellora empresarial e a dinamización da actividade económica de setembro a decembro de 2021. O programa componse dun ciclo de accións formativas en diferentes sectores, sesións de titorización individual, acceso a recursos formativos adicionais para cada ciclo e un boletín de alertas sobre oportunidades e tendencias no mercado.

A Xunta de Goberno aproba a segregación e concesión demanial da parcela onde se construirá o biopolo, así como a licenza de obras do Centro de Servizos Innovadores

Mediante o acordo de Xunta de Goberno, a parcela EQ-02 quedaría dividida en dúas. A cedida a Sionlla Biotech, denominada CSIEB, ten forma de triángulo obtusángulo redondeado no vértice sur. Destinada a equipamento e de natureza demanial (ben de dominio publico), conta con 10.233 metros cadrados de superficie e 3.000 metros cadrados de edificabilidade máxima. O se valor catastral é de 90.943,61 euros.

Un centro loxístico robotizado, que evitará a entrada de vehículos pesados na cidade histórica, unha das prioridades inmediatas da estratexia do Consorcio ata o 2032

Entre os proxectos estrela desta planificación estratéxica está a xestión de fluxos na cidade histórica, cun investimento previsto de 30 millóns de euros. Neste eido, trátase de actuar sobre todos os fluxos que se moven no casco histórico (vehículos, mercadorías, auga, peóns… e xestión de infraestruturas como iluminación e comunicacións) para que non afecten á conservación do patrimonio.