• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Santiago participa na asemblea xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local

Data de escritura

A xuntanza desenvólveuse en Ciudad Real cunha axenda centrada na intelixencia artificial e a participación cidadá

O Concello de Santiago está a participar na asemblea xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local (REDEL) que se celebra en Ciudad Real dende este mércores 22 de outubro.

Na sesión deste mércores, a REDEL aprobou o Plan de xestión e o orzamento para 2026, así como a incorporación de Villena (Alicante), co que son xa 41 as entidades asociadas, o que suma unha poboación de máis de 24.000 habitantes.

 

O Concello de Santiago está a participar na asemblea xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local (REDEL) celebrouse en Ciudad Real dende este mércores 22 de outubro.

O Instituto Municipal de Promoción Económica, Formación e Emprego, IMPEFE, entidade socia da rede estatal foi o anfitrión e o encargado de organizar unha axenda completa ao redor da intelixencia artificial e a participación cidadá.  
A axenda da mañá permitiu debater tamén sobre a participación cidadá nunha dinámica de traballo dirixida polo responsable da área de Participación do Concello de Ciudad Real, César Bernal, e o xerente da Rede Kaleidos, Jorge Ramón Sobrón.

Intelixencia artificial para o desenvolvemento local

A sesión da tarde centrouse no uso da intelixencia artificial como aliada de traballo do profesional do desenvolvemento local. Javier Osorio, Stefanie Tabacow e Andrés Martinez compartiron distintas aplicacións no ámbito do emprego e o emprendemento, así como no comercio e turismo. 

Na xornada deste venres, o encontro continúa cunha sesión de traballo sobre a xestión do coñecemento na rede, onde se presentan os avances nas dúas comunidades de práctica piloto postas en marcha sobre a xestión das incubadoras e espazos de coworking e a xestión do talento. A partir das leccións aprendidas deste traballo en comunidade realizaranse varias propostas de mellora. 

REDEL naceu no ano 2007 como resposta á necesidade de colaborar e traballar entre as axencias locais para ampliar os coñecementos adquiridos pola experiencia de cada socia e socio e innovar e desenvolver proxectos conxuntamente, así como exercer unha representación conxunta. O Concello de Santiago forma parte desta rede a través da Oficina de Promoción Económica.