• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello organiza un ciclo de actividades formativas para mellorar o tecido empresarial de Santiago

As accións formativas fan parte do programa “Faino en Santiago”, que impulsa a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude co obxectivo de mellorar o grao de coñecemento e actualizar as materias útiles para os procesos de xestión empresarial e laboral do tecido empresarial de Compostela. As actividades están especialmente dirixidas ao persoal directivo, de xerencia, propietarias e persoal laboral de empresas que teñan a súa sede e un centro de actividade no Concello de Santiago. Poderán participar tanto persoas en activo como en situación de desemprego.

O Concello concederá axudas ás empresas para a contratación do alumnado do obradoiro de emprego “Parque Forestal do Monte Pedroso”

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, explicou que o obxectivo desta convocatoria de axudas é “facilitar o acceso ao mercado laboral do alumnado do obradoiro dual de emprego, despois de nove meses de formación teórica e práctica" . Tal e como explicou, “as empresas que queiran acceder ás subvencións, deben ofrecer un contrato laboral a tempo completo e cunha duración mínima de tres meses, un periodo que permite que o alumnado gañe experiencia e entre en contacto co mercado laboral ”.

Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” protagonistas no mes de agosto

Este é o segundo ano que se leva a cabo a iniciativa 12 comercios, 12 sensibilidades. Con ela, traballamos na visibilidade de entidades solidarias ao tempo que impulsamos o fluxo de persoas entre pequenos establecementos composteláns do comercio local. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.

Aberto desde o 2 de setembro o prazo para solicitar as axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social | Concello de Santiago de Compostela

O Boletín Oficial da Provincia publicou as bases da convocatoria das axudas destinadas a apoiar as empresas de Economía Social de Santiago, entre elas as cooperativas do concello, polo que o prazo para a súa solicitude comeza o martes 2 de setembro. Estará aberto ata o 1 de outubro de 2025.

IV EDICIÓN PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O obxecto dos PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030   é premiar ás empresas que se distinguiron polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, da economía circular, da innovación, da comercialización en produtos e servizos culturais, dos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, das boas prácticas de empresas de economía social e, tamén, das boas prácticas que apostan por reter, atraer ou mellorar o talento.

SUBVENCIONS DESTINADAS A APOIAR AS EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Establécense as bases reguladoras das “Axudas a empresas de Economía Social” para a concesión, en réxime de concorrencia
competitiva, de axudas destinadas á consolidación e o mantemento de empresas con forma xurídica de cooperativa,
sociedade laboral, centro especial de emprego ou empresa de inserción definida como tal segundo o establecido
na Lei de Economía Social de Galicia.

“Compostela. Capital da Biotecnoloxía”: o Concello e a Área Empresarial do Tambre colaboran para atraer talento e investimentos ao biopolo da Sionlla

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a campaña “Compostela. Capital da Biotecnoloxía”, nunha rolda de prensa na que tamén participou o presidente da Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés. A tenenta de alcaldesa enmarcou a iniciativa “na necesidade de seguir reivindicando o potencial económico de Santiago, a nosa capacidade de xerar talento e de atraer investimentos e proxectos innovadores”.

#FeitoCoaEconomíaSocial: comeza a campaña de comunicación do Plan de Acción para a Economía Social nos Barrios de Compostela

Os vídeos amosan de maneira accesible como a economía social cobra forma a través de iniciativas con impacto real e sostido no tempo. Desta maneira, a campaña convida a coñecer de preto a diversidade de proxectos que fan cidade desde os valores da cooperación, a equidade e a sostibilidade.

O CERSIA avanza no codeseño do Plan de Acción para a Economía Social nos Barrios de Compostela



 Ao longo da sesión, representantes do tecido da economía social compostelá debuxaron mapas de experiencias, identificaron obxectivos e comezaron a prototipar propostas que contribúan á mellora da competitividade, da visibilidade e da contorna do sector.

Foi unha xornada para pensar desde o colectivo, dende a experiencia e coa mirada posta no futuro.