• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

XORNADA MULLERES LÍDERES NA ECONOMÍA SOCIAL

A Xornada "Mulleres, líderes na economía social" celebrarase o 1 de outubro na Casa Xohana Torres, en horario de 9:45 a 14:00 horas. Ao longo da mañá están prevista diferentes palestras e intervencións coas que as asistentes poderán coñecer diferentes experiencias ligadas á economía social. A primeira delas será a de Dolores Calvo, presidenta da cooperativa Condes de Albarei, e da asociación "Nós as Mulleres".

VI Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Feminista e Economía do Coidado

VI Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Feminista e Economía do Coidado

O Concello de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela, colaboran para impulsar unha nova edición da Feira de Emprendedoras de Compostela.

Nesta VI edición amosaremos un modelo de desenvolvemento que pon a economía ao servizo do ser humano e non ao revés.

24 / 25 / 26 SETEMBRO (16:30 – 17:30 h)
Formación ONLINE e GRATUÍTA, sobre Economía Feminista e Economía do Coidado.

O Concello de Santiago e EspazoCoop organizan a xornada "Mulleres, líderes na economía social"

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a xornada nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop. A tenenta de alcaldesa explicou que "a Axenda 2030 dinos que o impulso á economía social debe ser unha das liñas do desenvolvemento económico de Santiago, pero ademais este é un modelo polo que debemos apostar se aspiramos tamén a un maior progreso social, en clave feminista".

A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" pon en valor o produto fresco e de proximidade

Ao longo de todo o mes, "Cousas do Campo" organizou degustacións de produtos como marmeladas, zumes ou galletas elaboradas con produtos de proximidade, que se poden atopar en "Daquí Darredor". Este é un mercado labrego semanal que se celebra en Brión, e desde o que se impulsan diferentes actividades paralelas que teñen como obxectivo que os consumidores e consumidoras coñezan de primeira man como se producen os alimentos.

Compostela acolle a Creafogar, o primeiro evento efémero de interiorismo con marcas galegas

A cidade de Santiago será o escenario de Creafogar, un evento innovador no que participan máis de 150 marcas galegas. A presentación oficial tivo lugar nunha rolda de prensa organizada polas interioristas Almudena Rodríguez, DenaDinteriores, e Beatriz Barril, Spacio-B.

Aberto o prazo ata o 1 de outubro para solicitar subvencións dirixidas a empresas de economía social

Con esta convocatoria de axudas, que conta cun orzamento de 120.000 euros, o Concello de Santiago pretende contribuír á consolidación e desenvolvemento do tecido empresarial no Concello apoiando a empresas de economía social mediante axudas ao gasto corrente no que incorren para desenvolver a súa actividade empresaria. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 1 de outubro.

Aberto o prazo ata o 1 de outubro para a presentación de candidaturas ao Premio á excelencia empresarial

A convocatoria para este ano III Edición de Premios a excelencia empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago contan cun orzamento de 60.000 euros, divididos en sete premios de 5.000 euros e unha serie de mencións. O seu obxectivo é premiar as empresas que se distinguisen polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais, retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e, tamén, das boas prácticas de empresas de economía social.

III EDICIÓN DOS PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O obxecto dos PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030   é premiar ás empresas que se distinguiron polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, da economía circular, da innovación, da comercialización en produtos e servizos culturais, dos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, das boas prácticas de empresas de economía social e, tamén, das boas prácticas que apostan por reter, atraer ou mellorar o talento.