SUBVENCIONS PARA PROMOVER A PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL DAS PERSOAS MOZAS MENORES DE 30 ANOS MEDIANTE CONTRATOS FORMATIVOS
A convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas en Galicia a través da formalización de contratos de formación para a obtención da práctica profesional ou de contratos de formación en alternancia, que lle faciliten a inserción laboral, dotándoas á vez de competencias para o emprego que as acompañen durante a súa vida laboral, coa finalidade última de proporcionar a estas persoas unha primeira experiencia no emprego, promovendo a súa empregabilidade e a retención do talento mozo na nosa Comunidade Autónoma.
Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago
Do 27 ao 30 de maio, en horario de 15:30 a 19:30 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma PRESENCIAL e GRATUÍTA:
"Bootcamp de Emprendemento"
Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago
A Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma PRESENCIAL, a xornada práctica GRATUÍTA:
O mércores, 22 de maio, en horario de 16:00 a 18:00 horas
"Explorando a Realidade virtual, Realidade aumentada e a Visión artificial"
SUBVENCIONS PARA PROXECTOS SINGULARES DE MELLORA DA SUSTENTABILIDADE ENERXETICA EN EMPRESAS DO SECTOR INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE A CORUÑA
Apoiar grandes proxectos tractores de descarbonización e renovación industrial. Apoiarase o desenvolvemento de proxectos singulares que xustifiquen a redución de consumo enerxético e de emisión recollidos de seguido, en función da liña da convocatoria pola que se opte:
Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en pemes (PA) Proxectos que xustifiquen rateos de aforro enerxético superiores a 0,1 kWh/€ de aforro enerxético de enerxía por euro de investimento elixible
SUBVENCIONS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE PROGRAMACION MUSICAL NA REDE GALEGA DE MUSICA EN VIVO
Fixar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais, contribuíndo ao desenvolvemento ordinario da programación das salas (código de procedemento C302D).
SUBVENCIONS PARA A PARTICIPACION DE PERSOAS ESCRITORAS, ILUSTRADORAS, TRADUTORAS, E EDITORAS NAS ACTIVIDADES QUE SE CELEBREN NO SECTOR DO LIBRO
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións a persoas físicas ou xurídicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras e que desenvolvan o seu traballo no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega, facilitando a súa participación en actividades do dito sector que se celebren no ano 2024 (código de procedemento CT221A).
AXUDAS Á IMPLANTACION DE MEDIDAS NO AVANCE NO CUMPRIMENTO DE CRITERIOS AMBIENTAIS, SOCIAIS E DE GOBERNANZA (ASG)
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) nas pemes, cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, acadando reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía e diminucións na xeración de refugallos, subprodutos ou desperdicios, coa tendencia de converter os refu