• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Xornada da Industria no Biopolo da Sionlla pecha a edición máis innovadora da Maker Faire Galicia

A tenenta de alcaldesa lembrou que o Biopolo da Sionlla, o espazo onde se celebrou a Xornada da Industria da Maker Faire, “é o resultado da colaboración iniciada hai máis dunha década entre as diferentes administracións co empeño, sobre todo, da Asociación Empresarial do Polígono do Tambre”. María Rozas avogou por darlle continuidade a esta cooperación “no reto compartido de incrementar o peso da industria no PIB de Santiago, que cun 7% está ainda moi por debaixo doutras cidades galegas”.

Xornada da Industria: Innovación e talento global no corazón da Maker Faire Galicia

O Biopolo da Sionlla acollerá o próximo 13 de decembro a Xornada da Industria da X edición da Maker Faire Galicia, un evento único que reunirá expertos/as de referencia mundial para explorar como a tecnoloxía e a innovación están a transformar sectores clave como a saúde, a ciberseguridade, a arte e a industria.

Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago Dashboards interactivos: herramientas de visualización compartida de datos.

Os participantes aprenderán a crear visualizacións dinámicas que faciliten o acceso á información relevante, permitindo unha análise máis áxil e colaborativo. Sentarán as bases para construír dashboards interactivos efectivos, integrando datos de diversas forzas e personalizando a presentación visual para facilitar a interpretación de métricas e tendencias en tempo real.

Esta xornada será impartida por Yago Ricoy, quen desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional no sector da consultoría e a formación, sendo responsable de recursos humanos e calidade.

Os III Premios á Excelencia Empresarial recoñecen as empresas que axudan a construir un Santiago mellor

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, explicou que estes premios “serven de guía para ese camiño cara o soño colectivo ao que aspiramos na Compostela que habitamos, premiando a quen con decisión e esforzo decidiu remar a contracorrente en prol dun país máis humano”. A rexedora loubou a traxectoria de todas e cada unha das empresas recoñecidas, e salientou que os galardóns mostran “a diversificación da economía, nun mundo cada vez máis incerto no que depender duns poucos sectores é xogar co futuro”.

Talentia Summit consolídase: máis de 60.000 visitas na feira virtual, e case 3.400 prazas cubertas na formación online

O Talentia Summit deixa neste 2024 cifras récord que consolidan a feira, organizada desde a concellaría de Emprego. Así, a plataforma da feira virtual tivo máis de 60.000 visitantes, con 376.000 páxinas vistas nos días do evento; e cubríronse 3.349 prazas nos cursos online e nas certificacións. Na feira participaron case un cento de empresas que realizaron máis de 1.100 entrevistas, e a través de Talentia foron intermediados preto de 2.500 currículos. Tamén se realizaron 300 reservas en citas de mentoría personalizada e orientadoras laborais. 

O Foro Talentia reivindica a innovación como ferramenta para construír un futuro máis sostible

O Foro  reuniu esta tarde a ducias de persoas, nun evento que é unha das patas do Talentia Summit, xunto coa Feira virtual de emprego que se prologará ata o próximo día 15. No seu discurso de apertura, a alcaldesa de Santiago salientou a importancia de Talentia como “un espazo para preguntarse como logramos que os avances tecnolóxicos sexan inclusivos e como crear políticas que promovan unha traisición xusta para todas as persoas cara o futuro dixital”.

María Rozas reivindica “o valor identitario e económico dos oficios tradicionais” na segunda xornada da Maker Faire Galicia

A Xornada de Oficios é unha das tres sesións nas que nas súa décima edición se dividiu a Maker Faire Galicia, nun formato innovador que pretende que a feira teña presenza ao longo de todo o ano. En xuño celebrárase en Área Central unha xornada centrada na Innovación Social, hoxe pónse o foco nos Oficios, e ainda se celebrará unha terceira xornada dedicada á industria. Na inauguración, a tenenta de alcaldesa explicou que as tres temáticas elixidas para a Maker Faire “encaixan coas liñas de traballo que mantemos desde a Concellaría de Promoción Económica”.

Talentia Summit 2024 pon a ollada no talento mozo e comeza con récord de visitas á plataforma online

A tenenta de alcaldesa explicou que o programa do Talentia Summit, tanto no que tén que ver co foro inaugural como no relativo á feira de emprego e formación, “foi deseñado atendedo aos obxectivos que nos marcamos desde a concellaría no que tén que ver co fomento do emprego entre a mocidade, as mulleres e a poboación migrante, e sobre todo coa aposta por un emprego digno e de calidade”. María Rozas salientou, sobre todo, “a aposta polo talento xuvenil e polas ferramentas que nos axuden a retelo e exprimilo, atendo a sectores e mercados que son atractivos para a mocidade”.