• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CACTUS, IDIS, Innovatia, FEUGA, MestreLab, Creativas Galegas e o Biopolo da Sionlla danse cita no CERSIA para falar de innovación

Data de escritura

Compostela é unha gran catedral de coñecemento que debe asentarse sobre a pedra angular da innovación.

Dar a coñecer o potencial innovador da cidade tomando conciencia de todo o que podemos facer se nos xuntamos. Ese é o gran reto dunha urbe á que lle custa recoñecer todo o bo que fai, que é moito. Boa proba diso son as entidades representadas neste foro.

Somos unha potencia en innovación! Temos a sexta universidade de España no que a captación de talento refírese; temos un instituto de investigación sanitaria con 1395 profesionais integrados en 113 grupos de traballo que participan en 6 spin off de primeiro nivel; posuímos un espazo común de divulgación e comercialización creativa único en España e Europa con preto de 40 marcas e 300 creativas e creativos; disponemos dun biopolo tecnolóxico con posibilidades case infinitas e de empresas como MestreLab, líderes mundiais en software de desenvolvemento de análise de datos científicos con máis de 100 traballadoras e traballadores repartidos polos principais polos tecnolóxicos do mundo. Todos estes datos acreditan o noso potencial innovador. A pregunta é: Sabemos comunicalo? Boa parte dos nosos esforzos deben enfocarse a obter unha resposta afirmativa a esta interrogación.
Debemos procurar un bo mapeado da innovación e a súa accesibilidade. E tamén debemos esforzarnos en mellorar a transmisión dos nosos logros científicos ao conxunto da poboación para, así, gañar en identidade e elevar o noso orgullo de pertenza a unha comunidade cun ecosistema científico de máxima relevancia. En consonancia, temos que avanzar para que a ciencia básica, ademais de ser aplicada, acabe por ser coñecida e recoñecida. Esa meta seguramente esixa coordinar máis foros técnicos, máis liñas estratéxicas e máis pedagoxía científica desde idades temperás.
Acheguemos a innovación á poboación! Ese é o noso reto de partida. Porque se non
coñecemos o que temos, dificilmente poderemos sentir orgullo polos logros
alcanzados. Sexamos conscientes de que temos unha catedral de coñecemento e
ensinémoslla ao mundo.