• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A execución xa non é a única clave da vantaxe competitiva

En definitiva, o futuro da vantaxe competitiva é a capacidade de ver o que está por vir, o cal, á súa vez, depende das capacidades de observación da túa organización. Pero, as nosas empresas deseñáronse ao redor duns procesos e unha métrica introspectivos. Se seguimos así, perderémonos as oportunidades que chegan da contorna.

Oportunidades nos mercados de enerxía polo miúdo

Como resultado, os operadores tradicionais están a gastar máis en ofertas introductorias e reducións de prezos para adquirir e reter clientes, reducindo así as súas marxes. As empresas emerxentes están a utilizar as súas organizacións dixitais de alta eficiencia e estruturas de baixo custo para ofrecer prezos máis baratos. E aínda que o aumento dos desafíos dixitais é maior en Europa, tamén están a comezar a aparecer noutros lugares.

O deporte como diferenciación dos destiños turísticos

O turismo deportivo é un produto de gran rendibilidade para os destinos. Os máis de 10,6 millóns de turistas estranxeiros que practicaron algún deporte durante a súa estancia en España en 2017 xeraron máis de 112 millóns de pernoitas e gastaron unha media de 114 euros ao día, 1.207 euros por persoa, segundo a Enquisa de Gasto Turístico ( Egatur) que elabora o Instituto Nacional de Estatística (INE). A maioría deles decantouse por actividades de exterior, en especial sendeirismo e montañismo, con máis de tres millóns de afeccionados, segundo estimacións de Turespaña.

Un vistazo ás macrocifras do crecemento turístico

O problema é que un crecemento artificial da demanda deste tipo pode crear burbullas de investimento que engaden máis e máis oferta aos destinos, baixo a falsa presunción de que a festa non vai parar. Algúns profesionais lembran que os nosos destinos maduran e non poden estar a crecer indefinidamente, senón que deben comezar a investir en mellorar a xestión ou renovar a oferta engadindo valor ás propostas.

Imitando a depuración natural da auga: filtros verdes

Para o ano 2050 espérase que polo menos un 25% da poboación mundial viva en países afectados pola escaseza crónica de auga doce, polo que o obxectivo da ONU de garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para todos, debe tomarse como un reto, responsabilidade de toda a sociedade e afrontalo desde diferentes aspectos.