ALCALDIA O Goberno autoriza a construción do novo edificio de viaxeiros da estación de Santiago de Compostela
O Consello de Ministros, na súa reunión de hoxe, autorizou ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) a licitar, a través de Adif Alta Velocidade, o contrato de obras de execución do proxecto construtivo do novo edificio de viaxeiros da estación de Santiago de Compostela, por un valor estimado de 27.758.103,41 euros (IVE non incluído). Una nova que o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu con satisfacción.
Actividades de dinamización de rúa todas as fins de semana de xuño dentro da campaña Eu merco aquí
Dado o éxito acadado polos eventos de dinamización de rúa durante a festa do comercio local Prima21 os pasados 3,4 e 5 de xuño, desde o departamento de Comercio apóstase por continuar coa programación lúdico-cultural para todos os públicos durante todos os fins de semana do mes de xuño. Así o anunciou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a técnica de Comercio, Lucía Castro.
O alcalde destaca na apertura das xornadas de Industria de Maker Faire que as crises supoñen "un espazo de oportunidade que debemos aproveitar"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na apertura das xornadas de Industria de Maker Faire, adicadas ás temáticas da dixitalización, a biotecnoloxía e os videoxogos. O rexedor destacou que as crises "supoñen un espazo de oportunidade que debemos aproveitar". Agradeceu o papel de "todas as persoas que fan posibles estas xornadas" a animou a todos os participantes sinalando que "o futuro está aquí, e é noso".
ALCALDÍA Cinco empresas optan a ser adxudicatarias do contrato de recollida do lixo e limpieza viaria
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou en rolda de prensa que se presentaron cinco empresas ao concurso para a adxudicación do contrato de recollida de lixo e limpeza viaria, "o segundo maior" do Concello que espera que "estea adxudicado en outubro".
A Maker Faire Galicia pecha a súa sétima edición
O pasado domingo rematou esta feira de innovación, de novo online, que multiplicou por catro o número de inscritos con respecto á edición anterior así coma o seu impacto a nivel global con referentes como Keisha Howard, César de la Fuente ou Valeria Corrales.