• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Procesamento da madeira natural nun material de alto rendemento

Malia tratarse dun resultado experimental, abrénse grandes posibilidades para o emprego dun material rexenerable. a madeira, sustituindo a outros non rexenerables en, por exemplo, a construción de edificios e automóbiles. Un grande paso cara a unha economía auténticamente circular.

O mundo terá 10.000 millóns de turistas no 2030

Os turistas en xeral son moi ben aceptados e a maioría da poboación local sabe que eses visitantes contribúen ao seu nivel de vida, pero estamos a ver ultimamente reaccións en contra do turismo, algo que convén entender e manexar adecuadamente. Desafortunadamente, imos movendonos da hospitalidade á hostilidade en determinadas cidades

As empresas deben incorporar a innovación social dentro dos seus obxectivos

A realidade aínda dista moito dos plantexamentos expostos no artigo, mais trátase dun sinal adicional que indica a direción na que o mundo corporativo comeza a pensar acerca da sostibilidade e dos desafíos sociais. Sen dúbida, unha boa noticia.

A Cámara de Santiago organizará este ano 14 misións comerciais e asistencia a feiras internacionais

A Cámara de Santiago ofrece este ano ás empresas once misións comerciais. No mes de marzo organizaranse dúas misións, a Alemaña sobre o aluminio e aos Países Baixos sobre o sector biotecnolóxico. Para abril programouse unha misión plurisectorial a Emiratos Árabes Unidos e Omán, e outra plurisectorial a Perú e Chile. En maio, as empresas terán a posibilidade de participar nunha misión directa plurisectorial a Arxentina e Uruguai, ademais de viaxar as empresas do sector da madeira a Francia.