Bea Miranda de Feitoría Verde presentará esta cooperativa no II Foro de Economía Social
O II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo celebrarase o 28 de novembro en horario de 9:30 a 14:00 horas no CERSIA Empresa
O II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo celebrarase o 28 de novembro en horario de 9:30 a 14:00 horas no CERSIA Empresa
As compras de Nadal en España cada vez son menos do Nadal. E cada vez fanse máis a través de internet. Iso é o que se desprende do "Estudio de Consumo Navideño" que cada ano presenta a consultora Deloitte, titulado este ano, precisamente, "Navidades en un click". Segundo o devandito estudo, os españois adiantan xa o 31% das compras do Nadal ao mes de novembro, debido fundamentalmente á campaña do "Black Friday", onde se gastará un terzo do orzamento, que este ano ascende a 633 euros por fogar. Deles, case unha cuarta parte irase pola pantalla do computador, a tableta ou o móbil.
A terceira edición da Maker Faire Galicia, que conta coa colaboración do Departamento de Promoción Económica do Concello introduce tres importantes novidades respecto das edicións pasadas, en resposta ao interese crecente que existe sobre o movemento maker. A primeira é que o evento, logo de que no 2015 se celebrase en Área Central e a segunda no Pazo de Congresos, terá lugar este ano na Cidade da Cultura.
Cada ano, os servizos de atención á cidadanía rexistran uns 2.000 incidentes motivados polas vivendas de uso turístico. A medida tamén pretende dispoñer de referencias numéricas destas incidencias para avaliar de forma máis exacta propostas de mellora cos diferentes operadores.
No foro as persoas asistentes poderán coñecer e compartir as experiencias de cooperativas como a compostelá Numax, Premio da Cultura Galega 2016 na categoría de Audiovisual; Feitoría Verde ou EntrePedras. Tamén terán presencia as empresas de inserción laboral a través de Anaco, os proxectos de colaboración entre cooperativas e as asociacións que as representan coa participación da Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS).
Na mesa técnica explicouse a implantación en Santiago de experiencias como a Tropa Verde, o Prestogal, a EDUSI ou o Santiauga, exemplos de modelos de economía circular na nosa cidade. O proxecto Tropa Verde, premiado ademais co Premio R de Ecoembes ou o Premio Boa Práctica en Desenvolvemento Urbano Sustentable no ano 2016, busca fomentar a reciclaxe e a reutilización e premia a conciencia ecolóxica da sociedade. Pola súa banda, o Prestogal aposta polo consumo colaborativo, o intercambio e a cesión de recursos entre veciños e veciñas.
Exemplos, metáforas e outros recursos da linguaxe e a comunicación constitúen excelentes ferramentas para exemplificar o impacto social, posto que permiten chegar ás emocións das persoas e deixar nelas unha pegada perdurable.
A charla de Richard Stallman será un dos pratos fortes desta terceira edición da Galicia Maker Faire, que ademais contará con numerosas actividades de divulgación e entretemento orientadas a tódolos públicos e disciplinas: obradoiros de innovación e creatividade, campionatos de drons, robótica, actuacións interactivas e moito máis.
O II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo celebrarase o 28 de novembro en horario de 9:30 a 14:00 horas no CERSIA Empresa
O II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo celebrarase o 28 de novembro en horario de 9:30 a 14:00 horas no CERSIA Empresa