NCCXestión - Administración de comunidades
Os servizos que prestamos para a xestión das comunidades pódense recoller en 4 bloques diferenciados:
Como crear un sistema de xestión nunha PEME con poucos medios
O obxectivo deste seminario é Identificar as ferramentas de xestión precisas para establecer un sistema de control de xestión áxil, eficaz e adaptado ao noso negocio. En base a este proceso elaborarase un sistema de control de xestión sen incorrer en investimentos en aplicacións informáticas adicionais.
O seminario celebrarase os días 13 e 15 de decembro no CERSIA Empresa, en horario de 17:00h a 20:00. As dúas primeiras horas adicaranse a impartición do seminario.
Como debe ser un día eficiente dun/nha xerente dunha PEME
Búscase cóñecer como estruturar a xornada de traballo dende a dirección de xeito que se xestione a equipa, se acaden os obxectivos semanis e se cree unha cultura de ritmo e prazo que motive á nosa propia organización xerando valor en todos os niveis da mesma.
Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2011
As categorías nas que se divide o Concurso de novas ideas empresariais de Compostela Activa 2011 son:
Novas ideas empresariais categoría xeral
Novas ideas empresariais promovidas por mulleres
Novas ideas empresariais promovidas pola xuventude
Novas ideas empresariais categoría Experiencia
Novas ideas empresariais Comercio-Turismo
Novas ideas empresariais Industria-Servizos para empresas
Axudas para a creación de empresas Compostela Activa 2011
Que teñen en común INDITEX, IKEA e DELL e podemos utilizar mañá nas nosas empresas?
A clave está en COMO O FAN, non NO QUE FAN
As tres xestionan de forma eficiente a cadea de suministro para poñela ao servizo do cliente. En entornos con moita incertidume, o importante é acortar os tempos de execución e a alta dirección adica o 80% do tempo á planificación.
Pero, como podemos levalo a cabo?
Averíguao neste novo almorzo de traballo organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego de Santiago de Compostela e AJE A Coruña.
SANTIAGO(é)TAPAS 2011
Nesta cuarta edición, o concurso cambia de datas pola petición da Asociación Hostelería Compostela, coorganizadora do evento xunto con Turismo de Santiago. Nas tres primeiras edicións celebrouse na segunda quincena de xuño e os primeiros días de xullo. Pero nesta ocasión adiántase á segunda quincena do mes de maio, concretamente entre o 13 e o 29 de maio, co obxecto de dinamizar ao sector nese mes.
Edición de primavera. VIII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2011
Na edición de primavera premiaranse tres comercios, que recibirán campañas publicitarias por valores superiores aos 2.800 euros para o primeiro clasificado, aos 2.100 euros para o segundo, e aos 1.200 para o terceiro. As campañas de comunicación outorgadas aos premiados combinan diferentes formatos en función do premio obtido: publicidade audiovisual, valos publicitarios, prensa escrita e radio.
Foro de Investimento Galicia
No Foro de Investimento Galicia as persoas emprendedoras seleccionadas terán a oportunidade de presentar os seus proxectos ante investidores privados e asistirán á Venture Academy para axudarlles a preparar unha presentación eficaz. Se es unha persoa emprendedora e queres participar no Foro envía o teu proxecto antes do 15 de marzo de 2011.







