IMPACTIC: auditorias de impacto para a presenza de empresas na Internet
Cada xornada comeza ás 10.00h e remata ás 14.00h dividíndose en dúas partes diferenciadas, as ponencias sobre comercialización e as auditorías de impacto.
Comercialización: daranse as claves e os conceptos básicos que calquera empresa debe ter presentes se quere dar o paro nun bo uso de internet. Tamén se coñecerán as distintas ferramentas de internet para a súa promoción, así como novos modelos de venda en liña e as claves a ter en conta para verder.
Análise de mercados
Con este módulo formativo pretendemos dotar aos asistentes dos coñecementos e as ferramentas necesarias para investigar a realidade do mercado e actuar sobre el con garantías de éxito. Ao final, o obxectivo último é axustar a nosa oferta ás necesidades e peculiaridades do mercado no que operamos.
Como aproveitar as oportunidades comerciais en Santiago?
En Santiago hai oportunidades de negocio insatisfeitas, que son unha clara oportunidade de negocio que intentaremos compartir co obxectivo de definir accións para poder cubrilas e así capitalizalas no noso negocio e en Santiago Centro, pero á vez sobre o comercio en Santiago caen ameazas que poden converterse en oportunidade sempre e cando actuemos cunha boa xestión das mesmas, trataremos de clarificar estas ameazas e de definir aquelas accións que poderían convertelas nunha clara oportunidade de facer medrar o comercio en Santiago Centro.
Buscas financiación? Xornada informativa sobre créditos sen aval de ENISA
Buscas financiación? AJE A Coruña e o Concello de Santiago pódenche axudar! Se aínda non coñecer os créditos SEN AVAL de ENISA para emprendedores e xoves empresarios non perdas a oportunidade de informarte na nosa asociación. O ano pasado, 24 emprededores fixeron realidade o seu sono, por que non vas ser ti? O prazo de presentación de toda a documentación finaliza o próximo 9 de novembro, se estás interesado en optar aos préstamos o próximo 2 de outrubro a partir das 10.00 horas no edicicio CERSIA, de Santiago de Compostela.
Curso de "Mercadotecnia e Comunicación"
Con este módulo formativo pretendemos familiarizar aos asistentes coas 6P da mercadotecnia (a saber, persoal brand, posicionamento, produto, prezo, praza e posición) ata conseguir reverter todas as variables da mercadotecnia nun mix do modo máis favorable para os intereses da empresa. Dominando as 6P e racionalizando a súa adaptación corportativa propiciaremos unha mellora global que redundará nun incremento da eficacia e eficiencia.
Grupos, data s e horarios:
Deseño de Tendas e presentación comercial no S XXI
Realiza a actividade a Oficina de Economía da Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados de Santiago de Compostela
Enderezo:
Edificio CERSIA .- Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n.-15703 Santiago de Compostela
Teléfono
981542493
Entidades e/ou empresas colaboradoras/patrocinadoras: Centro Comercial Aberto Compostela Monumental
Deseño de tendas e presentación comercial no s XXI
Realiza a actividade a Oficina de Economía da Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados de Santiago de Compostela
Enderezo:
Edificio CERSIA .- Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n.-15703 Santiago de Compostela
Teléfono
981542493
Curso Lengua de Signos Española. 1º Nivel
Colabora a Federación Galega de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG).
Enderezo: Mª Angeles de la Gándara 32- Poligono Boisaca - Santiago
Teléfono: 981 55 83 74
Web: www.formacionytrabajo.com
Correo electrónico:
info@formacionytrabajo.com
Desconto do 40% en Formación OnLine
Custe da inscrición ou matrícula:







