• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada interdisciplinar de Atención Temperá.

A xornada está organizada pola Concellaría de Promoción Economica e Emprego, e a Asociación Galega de Atención Temperá. Cofinanciada polo Fondo Social Europeo, conta coa colaboración da EGAP e da Concellaría de Educación do Concello de Santiago. Os seus obxectivos son analizar os transtornos emerxentes relacionados coa alteración do vínculo familiar (vínculos entre pais/nais e fillos/as), e actualizar o traballo que se está facendo a nivel do Estado Español.

IV Xornada Emprende en Compostela

Baixo a denominación de Estratexias para o emprendemento en tempos de crise, o programa desta cuarta edición foi deseñado tendo en conta o actual contexto económico, intentando adaptalo, o máis posible, ás demandas de información e ás necesidades actuais das persoas emprendedoras (utilización de novas tecnoloxías, innovación, medidas para afrontar a crise, etc.) detectadas pola Concellaría de Promoción Económica a través do Servizo de Apoio á Empresa.

Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2009

O Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2009, enmarcado no Servizo de Apoio á Empresa, ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago. Para aquelas persoas que teñen unha idea de negocio pero non dispoñen de medios para materializala, organiza este concurso, que nesta edición destinaba 24.000 euros a premios, que se repartiron da seguinte forma: