Xornada de presentación do proxecto ANATOLE
- Traballar na adopción de políticas e estratexias que favorezan o desenvolvemento da economía de proximidade.
Eficiencia enerxética. A aposta europea pola eficiencia enerxética, a competitividade e o emprego, estaba dirixida a profesionais, persoal técnico, estudantes, empresas e entidades públicas interesadas nas novas políticas e na xestión e normativa sobre eficiencia enerxética. Nesta xornada abordouse a necesidade de superar o modelo enerxético actual, o impacto ambiental das medidas previstas no contexto europeo, as oportunidades empresariais que conlevan (está considerado un novo xacemento de emprego) e o marco legal no que se aplicarán.
Entre o 10 e 0 12 de setembro celébrase en Santiago de Compostela o Mercado Atlántico de Creación Contemporánea. As persoas interesadas en participar, teñen que envíar a idea (máximo 2 páxinas con título, resumo e exposición) e un breve curriculum (1 páxina con datos persoais e traxectoria profesional) ao correo electrónico inscripciones@maccatlantic.org, antes do 30 de xuño.
Este obradoiro conta con 30 prazas, divididas en dous grupos de 15 persoas. Un deles formarase o día 15 de xuño pola tarde, e o outro o 16 de xuño, en horario de mañá. Celebrarase no Centro Sociocultural de O Castiñeiriño. Organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, enmárcase no Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela e nel colabora REDEL, a Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local.
Este evento enmárcase no proxecto Coidadores Familiares, do programa europeo Leonardo da Vinci, que ten como obxectivo establecer un protocolo común a nivel comunitario que acredite profesionalmente aos/ás coidadores/as familiares que, de xeito informal, estiveron coidando a outra persoa.Unha acreditación profesional común a toda a Unión Europea facilitará a incorporación ao mercado laboral dun colectivo con expectativas de inserción difícil, no que a maioría de integrantes son mulleres, moitas delas maiores.
As categorías nas que se divide o Concurso de novas ideas empresariais de Compostela Activa 2010 son:
Na conferencia, Iturriaga, que apadriña a presentación en Galicia de Adalid Inmark, explicará por que a selección española se converteu nun equipo exemplar, que incluso superou unha etapa de crise para acadar novos triunfos. As ensinanzas deste colectivo de élite son trasladables a outros ámbitos, como pode ser calquera equipo empresarial que se reúna co obxectivo de competir con éxito no mercado.
O encontro estivo dirixido ás persoas interesadas en desenvolver un proxecto empresarial nos vindeiros anos, ás que están dando os seus primeiros pasos á fronte dun negocio, e ás empresas de Compostela que precisaran promocionarse e darse a coñecer no mercado. A asistencia era de balde.