• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xornada interdisciplinar de Atención Temperá.

A xornada está organizada pola Concellaría de Promoción Economica e Emprego, e a Asociación Galega de Atención Temperá. Cofinanciada polo Fondo Social Europeo, conta coa colaboración da EGAP e da Concellaría de Educación do Concello de Santiago. Os seus obxectivos son analizar os transtornos emerxentes relacionados coa alteración do vínculo familiar (vínculos entre pais/nais e fillos/as), e actualizar o traballo que se está facendo a nivel do Estado Español.

IV Xornada Emprende en Compostela

Baixo a denominación de Estratexias para o emprendemento en tempos de crise, o programa desta cuarta edición foi deseñado tendo en conta o actual contexto económico, intentando adaptalo, o máis posible, ás demandas de información e ás necesidades actuais das persoas emprendedoras (utilización de novas tecnoloxías, innovación, medidas para afrontar a crise, etc.) detectadas pola Concellaría de Promoción Económica a través do Servizo de Apoio á Empresa.