• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais

O importe máximo para o financiamento das axudas incluídas nesta convocatoria é de 300.000 euros, dos cales 150.000 euros son para artes escénicas (modalidades A1, A2, A3 e A4) e 150.000 euros para música (modalidades B1, B2 e B3).

Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos fóra de Galicia.

Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas en feiras e festivais fóra de Galicia.

Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas e fóra de Galicia.

Axudas para a fabricación de produtos de prevención e loita contra a Covid-19

As pemes galegas poderán solicitar os apoios que ofrece para poñer en marcha a produción de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico, equipos hospitalarios e médicos, entre outros bens.

Con achegas que poderán acadar ata 800.000 euros por iniciativa, os proxectos deberán ter un custo subvencionable igual ou superior a 100.000 euros. As axudas, que se concederán en réxime de concorrencia non competitiva, cubrirán o 75% dos investimentos que realicen as pequenas e medianas empresas.

WEBINAR Plan de Reactivación Económica do comercio local, autónomos e micropemes.

    • Análise das líñas de axudas para a reactivación económica do comercio, autónomos e mecropemes de Santiago de Compostela trala situación provocada pola crise do COVID-19 correspondentes á anualidade 2020.

 

    • Importes e prazos.

 

    • Obxectivos específicos de cada unha das liñas da convocatoria. 

 

 

Interveñen:

 

Xosé Sanchez Bugallo.- Alcalde Concello de Santiago. Obxectivos do plan de reactivación do comercio local

 

Teleformación: a estratexia de internacionalización ante a COVID-19

Covid-19, novos retos para a internacionalización empresarial Como adaptarse a unha época de incerteza e á velocidade do cambio actual. Principais retos e oportunidades para as pemes galegas Julio Cerviño 29 de maio

Crise económica, cambios xeopolíticos. Escenarios económicos globais Coñecer a previsión do comportamento a corto prazo das distintas áreas económicas, impacto e proxeccións a futuro Mario Weitz 5 de xuño

Selo "Compra do noso"

Baixo o lema “Compra do noso”, o Cluster quere comezar un camiño no que toda a sociedade sexa capaz de camiñar xunta cara o obxectivo común de salvar o tecido industrial e comercial galego. Consideran que apostar polo consumo local “é o mellor xeito de facer país, de reactivar a economía e de potenciar o emprego”.

A marca pódese a adaptar a cada tipo de servizo ou produto con diferentes variantes (Le do noso, Viste do noso…) encargándose o Cluster da Comunicación de Galicia de adaptar a marca de balde a todas as súas variantes.

Selo "comercio de confianza"

Cunha sinxela e rápida tramitación telemática para achegar a documentación requirida e unha declaración responsable de elaborar o correspondente Protocolo de actuación en materia de seguridade e hixiene, o comercio obterá un distintivo que acreditará ante os clientes que o establecemento cumpre as normas para proporcionar unha experiencia de compra segura.

Curso online Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación

A Axencia Galega de Innovación [GAIN] da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Barrié organiza o curso Transferencia de Tecnoloxía: Valoración e Negociación do Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.

Esta certificación emitida por ATTP [Alliance of Technology Transfer Professionals] é o estándar internacional para acreditar a competencia e experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía

Asesoramento a empresas e profesionais culturais

Terá como obxectivo dar resposta a todo tipo de dúbidas de carácter laboral, fiscal e mercantil relacionadas coas medidas deseñadas para paliar as consecuencias económicas do COVID-19, asesorando sobre as diferentes liñas de axudas ás que poden optar as empresas e profesionais do sector cultural, así como outras dúbidas sobre cuestións como ERTE, prestación por cese de actividade, plan de desescalada, moratorias nas cotizacións á Seguridade Social, aprazamentos de impostos, etc.