• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso online Prevención de riscos laborais COVID-19

Programa do curso:

1.O coronavirus / COVID-19
 Os Coronavirus
 Enfermidade COVID–19
2. Teño COVID-19? Como teño que actuar?
 Como sei que teño COVID-19?
 Como actúo se tiven un contacto estreito?
 Cando podo recibir asistencia domiciliaria?
 Como e cando se obtén o alta?
3. Medidas de hixiene e illamento
 Medidas preventivas en xeral
 Medidas preventivas illamento en casa
 Medidas preventivas en centros sanitarios
 Recomendacións do Ministerio de Sanidade

Modificación das axudas aos proxectos de reorganización produtiva para a fabricación de equipamento sanitario

Os artigos 4.4, 5.1, 6.2, 6.3 e 6.4, 7, 11.3, 16.5.e) e 18.4 da Resolución do 13 de abril de 2020 pola que se publica o acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, quedan redactados do seguinte xeito:

Ampliación prazo solicitude das convocatorias abertas conxuntas Educación-Economía

a) Os procedementos ED481A e IN606A do Programa de apoio á etapa predoutoral, en fase de tramitación e resolución, regulados pola Orde do 20 de decembro de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialment

Convocatoria de axudas COVID-19 de CDTI

Dotada con 12 millóns de euros, está enfocada a proxectos que busquen:

  • incrementar a dispoñibilidade dos produtos considerados de emerxencia,
  • contribuír a mellorar o tratamento da enfermidade na actual pandemia,
  • contribuír a mellorar o diagnóstico e o manexo clínico de pacientes infectados,
  • contribuír ao deseño, desenvolvemento e implantación de medidas de saúde pública para unha resposta eficaz á epidemia.

Tipos de proxectos subvencionables, beneficiarios e prazo de finalización

Axudas para a organización de actividades formativas non regradas na industria forestal

Publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).  

Primeiro. Entidades beneficiarias  

Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta resolución:

a) Asociacións, organizacións e entidades sen ánimo de lucro representativas ou relacionadas co sector forestal.

b) Agrupacións empresariais innovadoras (AEI).