• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ampliación prazo solicitude axudas á creación escénica

1. Continuar a tramitación do procedemento de concesión de subvencións da Resolución do 10 de xaneiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2020.

2. Continuar o prazo de presentación de solicitudes por un período de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, resultando ampliado o prazo de presentación de solicitudes regulado na base quinta da citada resolución.

Convocatoria de Axudas a Empresas para a Reactivación Económica Compostela Móvese 2020 COVID19

 

Estas axudas teñen carácter finalista polo que non poderán ser empregadas para outros fins.

 Persoas beneficiarias

Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou sociedades civís, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

Programa de formación para autónomos en comercio electrónico e novas canles online

O programa ofrecerá dúas accións formativas online de 50 horas lectivas cada unha centradas na mellora de habilidades no eido da xestión loxística, o márketing, a venda online e a creación de tendas virtuais. En concreto, Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico e Especialista en e-commerce.

Ampliación prazo execución axudas a entidades relativas ao turismo de reunións

Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de setembro e o 31 de outubro de 2019, o prazo de xustificación rematará o 15 de novembro de 2019.

Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de novembro de 2019 e o 30 de novembro de 2020, o prazo de xustificación rematará o 10 de decembro de 2020. 2.

Ampliación prazo execución axudas a proxectos novos de dinamización Xacobeo 2021

Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2019, o prazo de xustificación rematará o 15 de novembro de 2019.

Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de outubro de 2020, o prazo de xustificación rematará o 15 de novembro de 2020.

Ampliación prazo solicitude axudas á dixitalización no comercio

Modifícase o artigo 2 das bases reguladoras, que queda redactado nos seguintes termos:

As subvencións que se establezan para as actuacións previstas nesta orde financiaranse con crédito con cargo á aplicación orzamentaria 09.30.751A.770.1 «Dixitalización e innovación do sector comercia» por un importe total de 3.800.000,00 € euros.  

A concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.  

Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social

A orde ten por obxecto o establecemento do réxime de concesión de axudas ás entidades de iniciativa social que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, levan a cabo a atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e desenvolven programas e/ou prestan servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante, e realizar a súa convocatoria para os exercicios 2020, 2021 e 2022.