• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso MOOC marketing en buscadores. SEM

O obxectivo do curso é comezar nunha das disciplinas con máis investimento publicitario na actualidade. Para iso, porase a disposición dos estudantes unha lista completa de recursos que lles permitirá coñecer, de primeira man, o que entendemos por SEM, cales son as principais plataformas para crear campañas e como saber se están a resultar positivas para o noso negocio.

Contidos

Curso MOOC posicionamento web. SEO

O obxectivo que se busca con este MOOC é ofrecer aos estudantes as pinceladas necesarias para que poidan adquirir unha visión global do que queremos dicir mediante a optimización orgánica dos motores de busca (SEO), identificando os principais elementos que forman unha estratexia para executar esta disciplina.

Contidos

  • Que entendemos por SEO? . Que é a optimización dos motores de busca?
  • SEO OnPage
  • SEO OffPage
  • SEO Local

Axudas á comisión de apertura dos préstamos de adianto das axudas da PAC no ano 2020

A solicitude da axuda entenderase realizada pola presentación no ano 2020, da solicitude única regulada na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, sempre que se xustifique a subscrición dun préstamo entre a persoa solicitante da PAC da campaña 2020 e as entidades financeiras asinantes do convenio, xa fosen subscritos os préstamos antes da sinatura do convenio como con posterioridade á súa entrada en vigor, e que recollan o présta

III Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial

Con este evento, que se desenvolverá en horario de mañá ao longo de 90 minutos, inaugurase un ciclo de catro encontros virtuais con profesionais do sector para analizar o papel do deseño no escenario de futuro condicionado pola crise do coronavirus. Baixo o título “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”, o ciclo contará con recoñecidos profesionais galegos que desenvolven a súa actividade en Galicia e fóra de Galicia.

Modificación prazos axudas proxectos promoción e dinamización Xacobeo 2021

Os proxectos presentados ao abeiro da Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021, executaranse entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021. O prazo de xustificación rematará o 15 de outubro de 2021.