• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas aos armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia e ás persoas redeiras

As axudas terán como finalidade:

Apoiar as empresas armadoras e as persoas redeiras que visen afectados os seus resultados económicos ou se enfronten a unha falta de liquidez ou outros prexuízos significativos a raíz do brote de COVID-19.

A contía das axudas e o seu modo de determinación están definidas no artigo 7 das bases reguladoras.

Contratación de técnicos e técnicas para asesoramento a empresas en situacións conxunturais provocadas polo COVID-19

Obxecto: facilitar ás pemes e micropemes un asesoramento específico en materias relacionadas con necesidades xurdidas ao fío do escenario socioeconómico do COVID-19 mediante a contratación por conta allea de persoas técnicas superiores e profesionais especialistas en organismos intermedios.

A contía das axudas en concepto de incentivo por persoa contratada establecerase en función da súa titulación e grupo de cotización, segundo a táboa que figura no artigo 9 das bases reguladoras. 

Axudas a proxectos de investigación sanitaria translacional

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria extraordinaria das axudas do programa Translaciona COVID 19. Reforzo da investigación sanitaria de Galicia, convocatoria que ten como finalidade apoiar a investigación sanitaria na súa vertente traslacional, co financiamento de proxectos, iniciativas ou ideas xurdidas dentro do Sistema público de saúde de Galicia no eido da investigación sanitaria, orientadas á prevención, diagnóstico ou tratamento da enfermidade COVID-19.

Concurso de ideas e proxectos Spin_up

Como líder desta iniciativa, a incubadora Uninova da Universidade de Santiago de Compostela (USC), organiza un concurso de proxectos innovadores destinado a toda a comunidade universitaria de Galicia, co obxectivo de recoller ideas innovadoras que ofrezan solucións a retos empresariais.

Spin_Up está liderado pola USC e impulsado pola Xunta, a través do Igape, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Asociación Área Empresarial do Tambre, a Universidade do Porto e ANJE (Asociación Nacional de Jóvenes Empresarios) de Portugal.

Axudas á dixitalización das pemes galegas

As axudas ás pemes van destinadas á posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.