• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas á paralización temporal da actividade pesqueira

O importe máximo da axuda á paralización temporal da actividade pesqueira para os armadores calcularase multiplicando o baremo aplicable establecido no anexo II, polos días de parada subvencionables realizados no período de referencia fixado na convocatoria.

O importe máximo da axuda á paralización temporal da actividade pesqueira para os pescadores calcularase multiplicando un máximo de 50 euros polo número de días de parada a que teñan dereito.

Termos e condicións primeiro tramo avales ao financiamento de empresas e autónomos

Este primeiro tramo da nova liña de avais estará ao dispor de pemes, autónomos e resto de empresas con domicilio social en España, permitíndose ata unha cobertura máxima do 80% para autónomos e pemes e do 70 % para o resto de empresas. As entidades financeiras supervisadas consideradas elegibles para este tramo son as entidades de crédito, establecementos financeiros de crédito, entidades de diñeiro electrónico e entidades de pago.

Funcionamento do Fondo de apoio á solvencia de empresas estratéxicas.

O Fondo será xestionado, a través de SEPI, polo Consello Xestor. Corresponde a SEPI a análise e valoración das operacións, previos á resolución das solicitudes polo Consello Xestor.

Os recursos do Fondo financiaranse con cargo ao crédito extraordinario previsto no apartado 3 do artigo 2 da Real Decreto-lei.

As condicións das operacións financiadas con cargo ao Fondo están definidas no Anexo II da orde.

Taller de Autodiagnóstico do Potencial Exportador

A xornada desenvolverase en formato dixital de 9 a 11.30 horas. A participación é gratuíta e as prazas son limitadas, polo que é preciso incribirse. Será conducida polo experto en programas de internacionalización, Jesús Albizu Soriano, e cada empresa participante realizará un cuestionario coas explicacións e alternativas que o experto proporcionará. Finalizado o taller, cada participante obterá un autodiagnóstico.