• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé

O importe máximo da axuda concedida ás persoas mariscadoras a pé será unha cantidade que se calculará multiplicando o baremo aplicable por cada día de parada realizado no período de referencia. Os días de parada poderán ser continuos ou interrompidos. O baremo da axuda por día de parada será o 90 % do nivel de ingresos medios da actividade extractiva dos mariscadores a pé por colectivo (marisqueo xeral, percebe e poliquetos) entre o 16 de marzo e o 30 de xuño, durante os 3 anos civís anteriores

Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2020-2021

A intensidade máxima da axuda, segundo tipo de beneficiario, será a seguinte:

Entidades locais 80 %

Entidades xurídicas sen ánimo de lucro (que no realicen actividade económica) 80 %

Empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas, a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e, no caso de medianas empresas, en 10 puntos porcentuais: 25 %

Axudas ao desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos baseados en tecnoloxías habilitadoras dixitais

Os importes das axudas estarán comprendidos entre os 150.000 e os 3.000.0000 euros. A porcentaxe da axuda oscila entre o 25% e o 45% en función do tamaño da empresa, de acordo coa normativa comunitaria en materia de axudas de estado. Ademais, os beneficiarios poderán obter financiamento a través da liña “ICO-Red.es Acelera”.

Axudas para a realización dun programa piloto de formación en formato non presencial de recualificación profesional dixital

Realización dun programa piloto de recualificación profesional dixital, a través da modalidade en liña, de persoas desempregadas paradas de longa duración maiores de 45 anos para a súa capacitación, tanto en competencias dixitais orientadas ao novo mercado laboral como en competencias brandas, co fin de mellorar a súa empregabilidade e a súa inserción laboral. Consistirá, por tanto, na impartición de programas de formación, a través dunha plataforma de aprendizaxe interactiva, de 70 horas distribuídas ao longo de 3 semanas de formación.