• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Coregal

DATA DE CONSTITUCIÓN: 30/08/1994
 
NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 156 
 
VALORES: Coregal é unha empresa dedicada á xestión integra de residuos para acadar a máxima redución, reutilización, reciclaxe e valorización dos residuos non perigosos, reincorporando ao ciclo de consumo o máximo de materiais e minimizando o seu depósito en vertedoiros. COREGAL forma parte do grupo de empresas de economía social de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). 
 
CENTROS: 

 

Culturactiva SCG

DATA DE CONSTITUCIÓN: 31/03/2005 
 
NÚMERO DE SOCIAS/OS:

NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 7

VALORES: O obxectivo de Culturactiva é pór as persoas no centro de todas as actividades, entender a cultura como ferramenta de desenvolvemento humano, social e económico, transformación e reequilibrio territorial e social. Desde o 2001 Culturactiva defende o riso como linguaxe universal entre os pobose a solidariedade a través do humor.

Dixardín

DATA DE CONSTITUCIÓN: 12/01/2001

NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 31

VALORES: Dixardín pertence ao conxunto de iniciativas de Economía Social de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).
 
ASOCIACIÓN: CEGASAL

Entre Pedras

DATA DE CONSTITUCIÓN: 14/06/2013

NÚMERO DE SOCIAS/OS: 3

NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 3

VALORES: Trátase dun bar/restaurante no que todo o que se ofrece é 100% vexetariano.

Fundación Cáritas Diocesana Santiago de Compostela

DATA DE CONSTITUCIÓN: 24/10/2016
 
NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 17

VALORES: Empresa de Inserción Laboral, titularidade da Fundación CA.DI.SAN (Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela), co obxecto de favorecer a inserción de persoas en risco de exclusión social, a través da actividade de recollida, clasificación e venda de roupa de segunda man.
 
ENTIDADES PROMOTORAS: Fundación Cáritas Diocesana Santiago De Compostela.