• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

7H Cooperativa Cultural

DATA DE CONSTITUCIÓN: 06/03/2015

NÚMERO DE SOCIAS/OS: 16

VALORES: tentando achegar os procesos de creación e a economía social á cidadanía, desenvolvemos e realizamos proxectos ao longo de toda Galicia, defendendo co noso traballo valores como a igualdade, a soliedariedade e o compromiso social e coa contorna.

ASOCIACIÓN: EspazoCoop, Coop57, AIS O Peto, A Nosa Enerxía e REAS Galicia. 

A Larpeiría

DATA DE CONSTITUCIÓN: 03/02/2015
 
NÚMERO DE SOCIAS/OS: 3
 
NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 3
 
VALORES: Larpeiría é unha tenda de barrio onde atoparás comida caseira de verdade e ademais unha ampla selección de produtos alimenticios saudables e de calidade.

Abeiro Social

DATA DE CONSTITUCIÓN: 03/08/2004
 
NÚMERO DE SOCIAS/OS: 7
 
NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 8
 
VALORES: Somos unha cooperativa porque cremos que a colaboración no traballo é máis eficaz, ofrece solucións diferentes e reverte nunha mellor atención aos usuarios e clientes.
 
ASOCIACIÓN: Espazocoop

Activa Social ETT, S.L.

DATA DE CONSTITUCIÓN: 20/02/2009
 
NÚMERO DE TRABALLADORES: 40 
 
VALORES: Activa Social, Empresa de Traballo Temporal, S.L. facilita a contratación temporal para as empresas de Galicia que buscan integrar persoas con discapacidade nos seus cadros de persoal. 
 
ASOCIACIÓN: CEGASAL

Aprolact S. Coop. Galega

DATA DE CONSTITUCIÓN: 11/02/2013

NÚMERO DE SOCIAS/OS: 6

NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: Ningún

VALORES: No marco do RD 1363/2012, do 2 de outubro, créase o chamado “paquete lácteo”, centrado na negociación e comercialización conxunta do leite de vaca dos socios das cooperativas. Os valores deste proxecto son, polo tanto, mellorar o equilibrio da cadea de valor no sector lácteo, reforzando a posición negociadora dos produtores, e aumentar a transparencia do sector.

Combina Social

DATA DE CONSTITUCIÓN: 20/02/2009
 
NÚMERO DE TRABALLADORAS/ES: 170
 
VALORES: Contribuír á integración social e laboral de persoas con discapacidade e colaborar con COGAMI en dar continuidade ás actividades que se veñen desenvolvendo para conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade. 
 
ASOCIACIÓN: CEGASAL