Adxudicado o contrato para a posta en marcha da Oficina de Transformación Dixital
Unha vez implantadas as ferramentas necesarias para a tramitación dixital da maioría dos expedientes que se xestionan a diario, chega o momento de asentar o traballo realizado, racionalizalo e tamén impulsalo para conseguir unha administración 100% dixital. Nese sentido, a Oficina de Transformación Dixital ten por obxectivo fundamental garantir o éxito no proceso de aplicación da administración electrónica, impulsala e achegar a administración á veciñanza en termos dixitais en loita continua fronte á fenda dixital.
Hoxe terá lugar o segundo Encontro Participativo Temático no marco da actualización do Plan de Mobilidade Urbana Sostible
Os Encontros Participativos Temáticos que se desenvolverán durante os meses de marzo e abril pretenden propiciar o debate arredor das necesidades, retos e propostas en diferente ámbitos temáticos relacionados coa mobilidade na cidade de Santiago. Abertos á participación de toda a cidadanía, a modalidade será telemática e versarán sobre as seguintes temáticas específicas:
- mobilidades brandas e activas: peón, bicicleta e VMP (29 de marzo, ás 17:00h)
- transporte público: autobús, tren e taxi (12 de abril, ás 10:00h)
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de acondicionamento do segundo tramo da Vía Verde de oito quilómetros de lonxitude
O Concello de Santiago de Compostela encomendou á Fundación dos Ferrocarrís Españois (FFE) a redacción deste proxecto, no tramo comprendido entre un camiño veciñal situado entre os túneles 2 e 3, no punto quilométrico 2,165 que corresponde ao final do tramo 1, e a ponte sobre o río Tambre, no punto quilométrico 10,180. Todo este tramo 2 transcorre íntegro polo concello de Santiago.
Aprobado o proxecto de regulamento do Consello Municipal da cidade histórica
Este Consello está integrado pola presidencia, dúas vicepresidencias; as vogalías, e a secretaría. Na designación dos seus membros promoverase a presenza equilibrada de homes e mulleres, dacordo co establecido no artigo 16 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
O Goberno municipal aproba o anteproxecto e estudo de viabilidade do complexo deportivo de Santa Marta
A nivel de planeamento urbanístico, o ámbito da intervención prevista atópase en solo clasificado polo PXOM como solo urbanizable delimitado e DEP-2-SUP-6 Equipamento Deportivo 2. Localízase nunha parcela de 4.400 metros cadrados, situada entre as rúas das Trece Rosas e Maruxa Mallo.
Aprobada a licitación e subministro da xestión da base de datos Oracle que agruparará a información do Concello de Santiago
Esta licitación enmárcase dentro de plan de modernización da infraestrutura informática e telemática da administración local, que está desenvolvendo a concellaría dirixida por Marta Abal. En concreto, aprobouse a adquisición de licenzas e a xestión integral dunha base de datos de recoñecido prestixio no ámbito internacional, como é Oracle, co obxecto de convertela no núcleo central e integrador de información de todo o Concello de Santiago.
O sistema RECICLOS supera os 5.000 usuarios en Santiago
Mila Castro amosouse moi satisfeita coa boa acollida que a campaña tivo entre os composteláns e as compostelás e pola implicación de asociacións como ATEGAL, A Pedra que Fala, Banco de Alimentos Rías Altas, AGAFI ou ASOTRAME neste sistema de Devolución e Recompensa (SDR) que permite acumular puntos e obter recompensas que os usuarios poden doar a diferentes entidades ou proxectos da cidade.
Así, RECICLOS permitiu a posta en valor da conexión entre Fontiñas e o parque de San Lázaro polo parque de Carlomagno, e a melloras de zonas verdes no Parque de Santa Marta.