• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CEPES lanza dúas novas convocatorias de axudas do Fondo Social Europeo

A primeira, cunha dotación de 10,9 millóns de euros, é a convocatoria de subvencións dirixidas a entidades e empresas de Economía Social para o desenvolvemento de proxectos destinados á creación de empresas e entidades de Economía Social ou á mellora da competitividade e apoio á consolidación empresarial das mesmas. Por tanto, os proxectos que constitúen o obxecto desta convocatoria son:

Obradoiro de Visual Merchandising "Sácalle todo o zume ao teu produto"

O obradoiro realizarase na Aula de Formación da Praza de Abastos o 15 de novembro en horario de 17:00 a 21:00 horas.

Obxetivo:

Formar a praceiras e praceiros que queiran mellorar o seu desenvolvemento persoal e profesional no ámbito comercial, a través de técnicas de colocación do produto e da mellora de aspectos coma a presentación, a colocación e o control da apariencia

Obxetivos Específicos 

Entrega dos V Premios Emprende Gaiás Sixto Seco

Tras a conferencia, coñeceranse os gañadores das tres modalidades establecidas nos Premios Emprende Gaiás - Sixto Seco:
  1. Aplicacións informáticas ou proxectos culturais en internet
  2. Proxectos na área do deseño, creación artística e plástica
  3. Iniciativas innovadoras na área da xestión cultural

Os proxectos gañadores recibirán un premio en metálico de 2.000 euros e incorporaranse de balde durante doce meses ao espazo de coworking do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.

Programa para fomento do Autoemprego e as Iniciativas empresariais en Galicia

O programa ofrece
  • Itinerarios formativos para mellorar e entrenar as competencias técnicas e emprendedoras.
  • Asesoramiento individual para realizar o seguimento técnico da idea de negocio.
  • Acompañamiento de mentoring
  • Recursos (manuais e guías prácticas) para o apoio no proceso de emprendemento
  • Acceso ao financiamento a través dun fondo de microcréditos

Anima Galicia realízase en: Edificio CEM Cidade da Cultura de GaliciaMonte Gaiás s/n15707 Santiago de Compostela

Volve Aquae Talent Hub a Santiago de Compostela - 8 de novembro

Aquae Talent Hub desenvólvese nunha soa xornada dividida en dúas partes: un taller e unha master class, que corren a cargo de expertos en innovación e emprendemento como Cecilia Tham, impulsora do movemento maker en Barcelona, Ana Sáenz de Miera, *co directora de Ashoka Europa, Valerie Miles, editora da revista Granta en español e Santiago Roncagliolo, escritor comprometido co desenvolvemento na Amazonía. Irene Lapuente, cofundadora da empresa A Mandarina de Newton, é a dinamizadora os talleres.

Xornada Compostela Ilustrada "A Praza, Corazón de Santiago"

Explicaranse as técnica para debuxar figuras humanas e para engadir detlales de adorno, como dobres páxinas con productos, e como seleccionar un titular para acompañar a escea. Con estas técnicas, mirarase o Mercado dende o prisma da ilustración e se elexirá un plano para debuxar. As inscricións poden facerse en info@compostelailustrada.com.

Joaquín González Dorao

Obradoiro de Fotografía de Produto para Redes Sociais. "Visibiliza o teu negocio"

Aprende con Xaime Cortizo a mostrar o que fas e como o fas dun xeito atractivo. Este obradoiro de 4 horas eminentemente prácticas está enfocado  a sacar partido de ferramentas coma o teléfono móbil, a tablet ou cámaras fotográficas de distinto tipo. 

O obradoiro realizarase na Aula de Formación da Praza de Abastos o 8 de novembro en horario de 17:00 a 21:00 horas.