• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Conferencia sobre as claves para que un vendedor conecte cos clientes

Baixo o titulo “Vendedores que venden e enamoran”, a conferencia terá lugar entre as 16:00 e as 21:00 horas. Está destinada a profesionais de todos os ámbitos que desexen incrementar as súas posibilidades de facturar máis ao tempo que melloran a percepción que sobre eles teñen os seus clientes para convertilos nos mellores embaixadores da súa marca. O obxecto da charla será explicar en que consiste a venda emocional e as súas principais técnicas. “Ou eres o máis barato ou enamoras ao cliente”–sentencia o experto–.

Obradoiro de REDES SOCIAIS II


O obradoiro realizarase na Aula de Formación da Praza de Abastos o 29 de novembro en horario de 17:00 a 21:00 horas.

 

Obxetivo e contido:

Repaso polas principales redes sociais e as súas funcionalidades. Actualización da formación levada a cabo na primeira metade do ano. Ampliación. Nivel II.

Análise de cada unha delas e selección das máis adecuadas en base aos obxetivos individuais. 

Convocatoria programa Santander Explorer para apoio a personas emprendedoras

Esta iniciativa, impulsada por Banco Santander a través de Santander Universidades, representa a evolución de Santander  YUZZ, un programa que nas súas oito edicións potenciou os proxectos de máis de 4.200 persoas emprendedoras e xerou centos de empresas. A iniciativa contará con máis de 50 espazos de acollida repartidos por universidades e institucións colaboradoras de toda España, con capacidade para acoller a máis de 1.000 persoas que poderán desenvolver as súas ideas en centros de alto rendemento, ampliar a súa rede de contactos e recibir asesoramento personalizado e formación da man de

Conferencia "A Lei de Implantación Empresarial, unha oportunidade para o crecemento do tecido empresarial galego"

Segundo manifestou xa o conselleiro, a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia pretende facilitar o investimento e reducir á metade o prazo de tramitación para novos proxectos industriais. A normativa busca favorecer o investimento, a creación de empresas e a fixación de tecido industrial en Galicia, de modo que traerá consigo menos burocracia, maior axilidade administrativa e incentivos fiscais e financeiros.

Venres 24 de novembro - Cidade da Cultura - Foro Industria 4.0

O encontro vai dirixido a empresarios e directivos das PEMES galegas, enxeñeiros e técnicos responsables dos programas de innovación e desenvolvemento nas empresas representantes da administración, directivos de asociacións empresariais sectoriais e clústers, representantes da universidade, laboratorios tecnolóxicos e centros de investigación e desenvolvemento.

Maker Faire en Galicia, a maior feira de inventores do mundo

24, 25 e 26 de Novembr0 de 2017 na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Composlea.

Para esta edición de 2017, o evento suma un día máis de programación, o venres 24 de novembro, que estará enfocado ao sector profesional, favorecendo que os expositores poidan dirixir dun modo máis óptimo a súa oferta de produtos e servizos, diversificándose en función do diferente público obxectivo.