• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" pon en valor o produto fresco e de proximidade

Ao longo de todo o mes, "Cousas do Campo" organizou degustacións de produtos como marmeladas, zumes ou galletas elaboradas con produtos de proximidade, que se poden atopar en "Daquí Darredor". Este é un mercado labrego semanal que se celebra en Brión, e desde o que se impulsan diferentes actividades paralelas que teñen como obxectivo que os consumidores e consumidoras coñezan de primeira man como se producen os alimentos.

Compostela acolle a Creafogar, o primeiro evento efémero de interiorismo con marcas galegas

A cidade de Santiago será o escenario de Creafogar, un evento innovador no que participan máis de 150 marcas galegas. A presentación oficial tivo lugar nunha rolda de prensa organizada polas interioristas Almudena Rodríguez, DenaDinteriores, e Beatriz Barril, Spacio-B.

Aberto o prazo ata o 1 de outubro para solicitar subvencións dirixidas a empresas de economía social

Con esta convocatoria de axudas, que conta cun orzamento de 120.000 euros, o Concello de Santiago pretende contribuír á consolidación e desenvolvemento do tecido empresarial no Concello apoiando a empresas de economía social mediante axudas ao gasto corrente no que incorren para desenvolver a súa actividade empresaria. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 1 de outubro.

Aberto o prazo ata o 1 de outubro para a presentación de candidaturas ao Premio á excelencia empresarial

A convocatoria para este ano III Edición de Premios a excelencia empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago contan cun orzamento de 60.000 euros, divididos en sete premios de 5.000 euros e unha serie de mencións. O seu obxectivo é premiar as empresas que se distinguisen polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais, retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e, tamén, das boas prácticas de empresas de economía social.

O Concello pon en valor as iniciativas empresariais locais coa campaña "Feito en Santiago"

María Rozas explicou que "co obxectivo de poñer en valor empresas e pequenos negocios que contribúen a construír cidade", a concellaría de Promoción Económica pón en marcha unha campaña de comunicación que leva por lema "Feito en Santiago". Trátase de crear "unha imaxe de marca que anime ao emprendemento e asentamento de novos proxectos en Santiago, e que dea a coñecer entre a veciñanza os valores engadios destas inciativas empresariais".

Imaxe de marca

O alumnado do obradoiro de emprego Appventurers desenvolve unha app de realidade aumentada no Museo do Pobo Galego

María Rozas explicou que PoboAR é unha aplicación de realidade aumentada, que procura facer a visita ao Museo do Pobo Galego "máis educativa e inmersiva". Para utilizala é preciso descargar a app móbil, dispoñible para Android, e escanear os pictogramas que xa están instalados nas diferentes salas do museo. En cada unha delas, a aplicación fará aparecer a Rosalía de Castro ou a Castelao, que serán os encargados de explicar diferentes cuestións de cada un dos espazos expositivos.

As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade celebran o seu 30 aniversario coa apertura de monumentos en horario nocturno e múltiples actividades culturais o sábado 14 de setembro

O recentemente recuperado edificio da Casa das Máquinas de Santiago acolleu a presentación do evento que pecha a programación do 30 aniversario da creación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, o vindeiro sábado 14 setembro. A presidenta do Grupo, Goretti Sanmartín, aproveitou a presentación para explicar que A Casa das Máquinas, aberta ao público hai tan só un mes, é un dos poucos exemplos de arquitectura industrial de comezos do século pasado e unha das mostras máis emblemáticas do modernismo en Compostela.