• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Programa Aprol-Economía Social 2021

obxectivo desta orde é fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais a través de dous programas de axudas, un para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e outro para o fomento do acceso á condición de persoa socia.

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións xerais e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:

Aberto o prazo para participar no Pont-Up Store 2021

Se estás interesado en participar nesta 8.ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE, xa podes presentar a túa candidatura e participar de forma gratuíta.

Nesta edición, o encontro estará especialmente dirixido a persoas emprendedoras valentes que puxeron en marcha a súa empresa en plena pandemia (entre 2019 e 2021) e aberta tamén a todos aqueles emprendementos que xa participaron en pasadas edicións e que presentan unha innovación destacable que lles permitira afrontar con éxito a situación xerada pola COVID-19.

Día do Cooperativismo galego 2021

  • O cooperativismo galego celebra o seu día nas instalacións de Aira en Taboada nun acto que tamén se retransmitirá en directo polas redes da canle Eusumo.
     

  • Os Premios á Cooperación 2021 recoñecen ás cooperativas Cenlitrosmetrocadrado, Catroventos Editora e a Campo da Capela.
     

  • A gala estará conducida pola presentadora e xornalista Patricia Santana e contará coas actuacións da compañía escénica Artesacía e do trío musical Fransy, Davide e Cibrán.

 

Extracto da O.de 22/06/2021 establecen bases convocatoria axudas sector editorial galego para gastos de edición,distribución e comercialización das publicacións editoriais 2021

DOG Nº 124 do 01/07/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

 Bases reguladoras

Extracto da R.do 18/06/2021 aproban bases apoio acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas ,instrumentadas mediante convenio coas socieddaes garantía recíproca

DOG Nº 122 do 29/06/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Bases reguladoras

EXTRACTO da Orde do 17 de xuño de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior

DOG Nº 121 do 28/06/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publicase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Bases reguladoras