Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago
Durante Novembro a Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma GRATUÍTA, as seguintes xornadas e formacións ONLINE:
Durante Novembro a Cámara de Comercio de Santiago organiza, de forma GRATUÍTA, as seguintes xornadas e formacións ONLINE:
Feira virtual
Nesta edición, o Talentia Summit mantén a feira virtual de emprego do 13 ao 17 de novembro, coa participación de preto de 80 empresas que ofrecerán uns 300 postos de traballo vacantes, pero tamén formación ou certificacións profesionais. As persoas interesadas poderán visitar os seus stands virtuais, programar entrevistas e interactuar cos seus departamentos de selección de persoal.
Os vindeiros xoves, 9 de novembro, en horario de 15:30 a 19:30 horas, e venres, 10 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, nas súas instalacións, en FORMATO PRESENCIAL a xornada GRATUÍTA:
O Centro Xove da Almáciga acolleu o día 28 de outubro o acto de clausura da Academia Maker, unha das actividades enmarcadas no proxecto "Faino Ti", que a concellería de Promoción Económica puxo en marcha dentro da EDUSI, en colaboración co departamento de Centros Socioculturais. No acto, María Rozas salientou o éxito desta iniciativa "tanto polo número de persoas participantes, como pola calidade dos contidos impartidos".
A alcaldesa detallou que "o contrato das obras de rehabilitación de firmes contará cun orzamento base de 358.535,10 euros (296.310,00 € sen IVE) e un prazo de execución de 4 meses" para levar a cabo melloras nos firmes das seguintes vías da cidade: na rúa da Presa, rúa do Campo de Santa Isabel, rúa de Vite de Abaixo, avenida do Burgo das Nacións, rúa de Pilar Miró, rúa do Tambre, rúa de San Caetano, rúa das Casas da Hedra e travesa das Casas da Hedra. Por algunhas destas rúas discorren tramos do Camiño de Santiago ou se atopan baixo especial protección.
Estas axudas teñen como obxecto incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.
Así mesmo, preténdese incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.
O vindeiro luns, 30 de outubro, en horario de 12:00 a 14:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, en FORMATO ONLINE, a xornada GRATUÍTA:
"Aprende a deseñar campañas de Marketing Dixital
con Chat GPT"
O Talentia Summit´23 centrarase no futuro do traballo e o rol determinante da intelixencia artificial e doutras tecnoloxías emerxentes, nun formato híbrido que facilitará que as persoas participantes se beneficien das vantaxes das modalidades presencial e dixital. O evento será unha gran plataforma para o desenvolvemento profesional, grazas ás 15.000 prazas gratuitas en conferencias, obradoiros e cursos de formación online e presenciais.
Un ano máis o Concello de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela a través do seu programa Woman Emprende unen forzas para impulsar a quinta edición da "Feira de Emprendedoras de Compostela: economía circular, economía para a cidadanía" que terá lugar os vindeiros 25, 26 e 27 de outubro en Santiago.