• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Proxecto Piloto: Grupo de Traballo Creativo

E neste contexto é no que a Oficina de Promoción Económica recollendo a necesidade detectada tralas actuacións en materia de dinamización económica do proxecto Urbana Norte lanza este programa piloto de adestramentos colaborativos para a creación dun Grupo de Traballo Creativo Compostela Móvese que estará integrado por persoas emprendedoras teñan ou non constituída a súa empresa no momento de acceder a este proxecto.

"Vende... sen vender"

Felipe García Rey repasará coas persoas asistentes os seguintes puntos clave en relación aos procedementos de venda empresarial:

  • ¿Que é vender?
  • ¿Que vende HOXE?
  • ¿Cales son os alicerces da venda?
  • ¿Como inflúe a intelixencia emocional nas vendas?
  • A crise, ¿en que me afecta?
  • ¿Como actualizar o teu modo de venda?

Felipe García leva no mundo das vendas dende os 8 anos, idade na que xa traballaba na tenda de seus pais.

Emisión de informe de viabilidade económica

Establecendo esta Orde no seu artigo 14, punto 1 apartado b) que o Plan de Negocio empresarial presentado  “deberá ter informe sobre a súa viabilidade económica e financeira por entidade independente entre os que figuran  a unidade de Galicia Emprende e os axentes de emprego e desenvolvemento local”e de cara a dar resposta ao elevado número de solicitudes deste informe ante o Servizo de Apoio a Empresa, informase do procedemento a seguir polas persoas interesadas para a súa solicitude e emisión:

Axudas para a reforma de locais de negocio e incorporación de maquinaria e equipos para a posta en funcionamento de novas liñas de negocio e/ou ferramentas de xestión empresarial

A finalidade destas axudas é fomentar a realización de novos proxectos de negocio e iniciativas de mellora da competitividade por parte do empresariado do territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte mediante axudas a fondo perdido ao investimento no que incorren estas iniciativas no lanzamento de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial. Adícase a esta convocatoria un volume de fondos de 40.000€.

Axudas para a posta en marcha de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial

A finalidade destas axudas é fomentar a realización de novos proxectos de negocio e iniciativas de mellora da competitividade por parte do empresariado do territorio obxecto do programa Urbana Santiago Norte mediante axudas a fondo perdido ao gasto corrente no que incorren estas iniciativas no lanzamento de novas liñas de negocio e ferramentas de xestión empresarial. Adícase a esta convocatoria un volume de fondos de 50.000€.

Desafío SCQ

Preténdese aportar un coñecemento temperán do mundo empresarial e un contacto con el, así como axudar a entender o papel do empresariado na comunidade. Asemade búscase fomentar os valores da cultura emprendedora entre a mocidade.

Seminario de Inicio ao Comercio Exterior

 Sacar unha empresa ao exterior non é tarefa sinxela. Se xa é complexo coñecer en profundidade todo o que ocorre no mercado nacional, imaxinemos a dificultade que ten coñecer ao detalle todo tipo de cuestións referentes a outros mercados que están fora do noso ámbito de acción como empresa. Para axudar a coñecer e superar as dificultades que implica o acceso ao mercado exterior este seminario aportará pistas e información para o empresariado que se atopen nun proceso de iniciación ao comercio exterior ou que esté interesado no mesmo.