• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas para o desenvolvemento de solucións innovadoras nas empresas

O obxecto das axudas é que as pemes, micropemes e autónomos da demarcación cameral poidan desenvolver plans de implantación de solucións innovadoras, que inclúen unha fase gratuíta de asesoramento e diagnóstico e outra fase de implementación, cofinanciada ao 70% por FEDER, sendo a cuantía máxima financiable por empresa de 7.000 euros. O 30% adicional será aportado pola empresa beneficiaria, aínda que deberá prefinanciar o 100% do investimento.

Programa de emprendemento Vodafone Connecting for Good Galicia

En cada convocatoria selecciónanse ata un máximo de seis proxectos de emprendemento tras a súa avaliación por un xurado, que pasan a formar parte do Programa Vodafone Connecting for Good Galicia. Os proxectos seleccionados teñen acceso ao Centro Vodafone Connecting for Good Galicia e a un conxunto de ferramentas e recursos a través dun traballo personalizado e unha metodoloxía de aceleración específica baseada na innovación.

Axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo

Serán subvencionables as cotas que sexan obxecto de aboamento polas persoas traballadoras beneficiarias desta orde, durante un máximo de seis (6) meses tras finalizar o desfrute da redución da contía a 50 euros mensuais regulada no primeiro parágrafo do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.