• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

borrar - Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras Autónomas

A persoa transmisora e a persoa adquirente terán unha axuda consistente no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € para a persoa transmisora e de 1.500 € para o adquirente.

No caso de que o negocio teña varias persoas donas, a axuda consistirá no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € por negocio. Se o negocio ten varias persoas adquirentes para explotalo conxuntamente a axuda será de 1.500 € por negocio.

Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras Autónomas

A persoa transmisora e a persoa adquirente terán unha axuda consistente no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € para a persoa transmisora e de 1.500 € para o adquirente.

No caso de que o negocio teña varias persoas donas, a axuda consistirá no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € por negocio. Se o negocio ten varias persoas adquirentes para explotalo conxuntamente a axuda será de 1.500 € por negocio.

Programa a prol da contratación das mulleres desempregadas

As contratacións realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda 7.000 euros por cada muller desempregada contratada que cumpra os requisitos mencionados no artigo 22. As contías establecidas anteriormente incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

-No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

-Se a muller incorporada é unha emigrante retornada.

-Se a muller contratada é maior de 45 anos.

III edición da aceleradora Business Factory Auto

Nesta convocatoria, promovida pola Xunta de Galicia, a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), o Grupo PSA, o Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e Vigo Activo S.C.R., seleccionaranse, na fase de aceleración, ata 10 proxectos que recibirán un apoio económico de 25.000 euros de axuda a fondo perdido concedida por GAIN e 100.000 euros en préstamos participativos (50.000 euros a través de XesGalicia e 50.000 euros a través de Vigo Activo).

III Congreso Nacional de CFOS

08:30 h. Recollida de acreditacións

09:00 h. Apertura Institucional

09:30 h. 1ª Tendencia: A contorna económica-financeiro global

10:10 h. 2ª Tendencia: O novo marco regulador. Cara a un mundo máis complexo

10:30 h. 3ª Tendencia: A reformulación do risco e a función do CFO

11:15 h. 4ª Tendencia: Sustentabilidade e función financeira

11:45 h. Compartimos un café?

12:15 h. 5ª Tendencia: A innovación financeira que vén... para quedar

12:40 h. 6ª Tendencia: Da función financeira á influencia estratéxica Máis que números?

Axudas á creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores

Investimentos e gastos subvencionables:

a) Investimentos realizados en:

1º Obra civil para construción, reforma ou habilitación de instalacións en bens inmobles en propiedade, suxeitos aos módulos máximos de custo subvencionable que se achegan como anexo V.

2º Bens de equipamento: maquinaria de proceso, equipamentos informáticos, mobiliario, instalacións específicas para a actividade subvencionable, elementos de transporte interior e equipamentos de protección do ambiente.

3º Outros investimentos en activos fixos mobiliarios.

Axudas para o desenvolvemento de solucións innovadoras nas empresas

O obxecto das axudas é que as pemes, micropemes e autónomos da demarcación cameral poidan desenvolver plans de implantación de solucións innovadoras, que inclúen unha fase gratuíta de asesoramento e diagnóstico e outra fase de implementación, cofinanciada ao 70% por FEDER, sendo a cuantía máxima financiable por empresa de 7.000 euros. O 30% adicional será aportado pola empresa beneficiaria, aínda que deberá prefinanciar o 100% do investimento.