• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Flexibilización dos contratos de subministración de gas natural.

Básicamente suprímense os custos asociados aos cambios nas condicións dos contratos de subministración de gas natural, por exemplo, minoracións no caudal contratado ou cambios na escada de peaxes.

Tamén, nun prazo de tres meses unha vez rematado o período de alarma, para novos cambios nas condicións, por exemplo, aumento da potencia contratada.

Para mais precisión consultar o detalle da disposición.

Flexibilización dos contratos de subministración de electricidade para autónomos e empresas.

Básicamente suprímense os custos asociados aos cambios nas condicións dos contratos de subministración de electricidade, por exemplo, minoracións na potencia contratada. 

Tamén, nun prazo de tres meses unha vez rematado o período de alarma, para novos cambios nas condicións, por exemplo, aumento da potencia contratada.

Para mais precisión consultar o detalle da disposición.

Devolución de gastos e concesión de axudas por cancelación de actividades de promoción internacional

  1. Habilítase a ICEX España Exportación e Investimentos para a devolución ás empresas que incorresen en gastos non recuperables nesta ou futuras edicións, das cotas pagas para a participación nas feiras, ou outras actividades de promoción de comercio internacional, que fosen convocadas pola entidade, cando estas sexan canceladas, gravemente afectadas ou aprazadas polo organizador como consecuencia do COVID 19.

Suspensión de pagamentos en préstamos concedidos pola Secretaría de Estado de Turismo

En consecuencia, os pagos en concepto de intereses e amortizacións dos referidos préstamos que debesen realizarse polos beneficiarios do préstamo a partir da entrada en vigor deste real decreto-lei, serán esixibles na mesma data do ano seguinte ao que figura na resolución de concesión do préstamo, sen que iso implique o pagamento de intereses adicionais.

Esta suspensión aplícase a préstamos concedidos ao amparo das disposicións seguintes:

Refinanciamento dos préstamos concedidos pola Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa

Os beneficiarios de concesións de préstamos a proxectos industriais outorgados pola Secretaría Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa poderán solicitar modificacións do cadro de amortización do mesmo durante o prazo de 2 anos e medio contados desde a entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo; a condición de que a crise sanitaria provocada polo COVID-19 provocase períodos de inactividade do beneficiario, redución no volume das súas vendas ou interrupcións na subministración na cadea de valor.

Moratoria das cotizacións sociais á Seguridade Social

Habilítase á Tesourería Xeral da Seguridade Social a outorgar moratorias de seis meses, sen interese, ás empresas e os traballadores por conta propia incluídos en calquera réxime da Seguridade Social, que o soliciten e cumpran os requisitos e condicións que se establecerán mediante Orde do Ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións previo acordo da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos.

Aprazamento no pago de débedas coa Seguridade Social.

As empresas e os traballadores por conta propia incluídos en calquera réxime da Seguridade social ou os autorizados para actuar a través do Sistema de remisión electrónica de datos no ámbito da Seguridade Social (Sistema REDE), sempre que non tivesen outro aprazamento en vigor, poderán solicitar o aprazamento no pago das súas débedas coa Seguridade Social cuxo prazo regulamentario de ingreso teña lugar entre os meses de abril e xuño de 2020, nos termos e condicións establecidos na normativa de Seguridade Social, sendo de aplicación un interese do 0,5% en lugar do previsto no artigo 23.5 do

Axudas a empresas innovadoras de base tecnolóxica

As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos fondos propios do CDTI.

As axudas poderán financiar ata o 70% do orzamento de cada un dos proxectos empresariais que opten a este programa e que teñan un mínimo susceptible de financiamento de 175.000 euros.

Cada subvención poderá alcanzar ata un máximo de 250.000 euros por beneficiario.

As compañías deberán estar constituídas, como máximo, nos tres anos anteriores á data de peche do prazo de presentación das solicitudes de axuda á presente convocatoria e dispoñerán dun capital social mínimo de 20.000 euros.