• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xestión de conflictos en empresas de economía social

Datas: do 9 ao 12 de novembro de 2020

Horario: de 16:00  a 20:00 horas

Lugar: nas instalacións da Fundación CEL, Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, O Palomar, s/n, Lugo.

Destinatarios: emprendedores e empresari@s de economía social, cooperativistas e traballadores do sector e interesad@s en xeral que desexen profundizar na xestión interna e externa destas empresas.

Xestión económico financeira nas cooperativas

Datas: do 26 de outubro ao 11 de novembro de 2020

Modalidade: teleformación a través de www.recursosgalicia.es/formación

Destinatarios: mulleres que traballen ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, centros especiais de emprego, empresas de inserción, asociacións, fundacións, etc) e público en xeral interesado.

Como mellorar as túas vendas a través do teu escaparate

Actualmente é unha estratexia de márketing e visual totalmente definida na súa función de mostrar o seu ADN de empresa. Debido á voracidade actual de tendencias é necesaria a súa contante renovación e coñecementos das novas técnicas de montaxe para posicionarnos no mercado comercial como empresa punteira.

DATA: Do 02/11/2020 ao 12/11/2020
HORA: 14:30 - 17:00

Nova regulación dos ERTES vinculados á COVID19 e a súa aplicación práctica

Intervención Directora Xeral Relacións Laborais

·         Autorización de ERTEs de forza maior por impedimento e limitacións

 

·         Declaración de empresa dependente ou integrante da cadea de valor

 

·         Tramitación de prórrogas de ERTEs ETOP 

Intervención do Director do SEPE  

 

·         A tramitación das prestacións por  desemprego por ERTES COVID-19, especial mención ás modificacións introducidas polo  RD 30/2020. 

Webinar. Impulsar a dixitalización no sector agroalimentario europeo

Neste último proxecto, a Agrupación industrial Alimentaria de Galicia participa co obxectivo de fomentar a colaboración para a transformación dixital na industria alimentaria a nivel europeo.

No webinar realizarase unha presentación individual de cada un do tres proxectos, abordaranse as oportunidades detectadas nos estes proxectos sobre a dixitalización na industria agroalimentaria e analizaranse os próximos pasos e as posibilidades de cooperación a longo prazo.

EXTRACTO da Orde do 16 de outubro de 2020 pola que se convocan para o ano 2020 as axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e da planta ornamental (código de procedemento MR436D).

 Bases reguladoras : Orde do 16 de outubro de 2020 pola que se convocan para o ano 2020 as axudas pola crise sanitaria do COVID-19 no sector da flor cortada e da planta ornamental (código de procedemento MR436D.

DOG Nº 213 DO 22/10/2020

A contía máxima da subvención establécese en 20.000 euros por beneficiario.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 5 de novembro de 2020.