• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Trátase da primeira xuntanza do Grupo que se realiza tras a constitución das novas corporacións municipais, polo que ao comezo do acto o presidente do Grupo e alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez, entregará as súas respectivas insignias aos novos alcaldes e alcaldesas, entre eles, á rexedora de Santiago, Goretti Sanmartín. A  Asemblea impulsará os actos de celebración do 30 aniversario do Grupo.

Etiquetas:
novas , Alcaldesa , Goretti Sanmartín , cidades patrimonio da humanidade , Tarragona

O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop colaboran na posta en funcionamento de actividades de fomento do cooperativismo durante 2023.  Ambas entidades levan a cabo un Programa composto das seguintes liñas de acción: Formación, Tecendo redes, Roteiros Cooperativos, e Emprendemento Feminino.

Con estas liñas preténdese continuar creando un sistema favorecedor e facilitador do emprendemento cooperativo e de economía social entre persoas, profesionais e colectivos da área de Compostela.

Etiquetas:
novas , Espazo Coop , cursos , aula virtual , Concello Santiago

O vindeiro martes, 18 de xullo, en horario de 15:30 a 18:30 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, nas súas instalación en formato online a xornada gratuíta:

“A Proposta de Valor no emprendemento tecnolóxico-dixital”

Esta xornada enfócase en aprender a crear unha proposta de valor tanto para un novo proxecto como para impulsar e mellorar un negocio xa existente. Ao través dunha proposta de valor preténdese que o que achega un produto ou servizo conecte directamente co que realmente necesita o usuario apoiándonos na tecnoloxía.

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , emprendemento , tecnoloxía , dixital , StartUps

O ciclo de Encontros Emprendedores ten marcada a súa próxima cita o día 18 de xullo cunha sesión sobre "A gastronomía e a restauración como valedores dos produtos locais", que contará coa presenza do chef e copropietario do Abastos 2.0, Iago Pazos. Os Encontros Emprendedores presentan iniciativas empresariais desenvoltas en Santiago que dan resposta aos retos identificados pola cidadanía de cara aos vindeiros anos.

Etiquetas:
novas , Encontro Emprendedores , , economía urbana , gastronomía , RESTAURACIÓN , Creativas Galegas

O vindeiro venres, 14 de xullo, en horario de 12:00 a 14:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, en formato online a xornada gratuíta:

“Deseña o teu MPV (produto mínimo viable) dixital con Agile”

Durante o seminario, destacaranse as vantaxes de adoptar un enfoque áxil para o deseño de MPVs dixitais, como o tempo reducido de desenvolvemento, a optimización de recursos e a posibilidade de obter retroalimentación anticipada dos usuarios.


 

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , emprendedores , MPV dixital , StartUps , desenvolvemento

O vindeiro martes, 11 de xullo, en horario de 15:30 a 17:30 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, en formato online a xornada gratuíta:

“O Roadmap da transformación dixital. Como podo levar a cabo a transformación da niña empresa”

Introduce e optimiza a innovación tecnolóxica no teu negocio para aumentar os teus clientes e as túas vendas.

Etiquetas:
novas , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , coworking , dixitalización , pemes , autónomos , micropemes , emprendedores , StartUps

O vindeiro venres, 7 de xullo, en horario de 12:00 a 14:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago celebra, en formato online a xornada gratuita:

“CRM: a ferramenta clave para impulsar as túas vendas”

“Customer Relationship Management”: eficaz para personalizar e optimizar as túas interacción cos teus clientes.
 

Etiquetas:
novas , sistema CRM , CÁMARA DE COMERCIO COMPOSTELA , coworking

O proxecto "Entre Sar e Sarela" recibirá unha axuda de 3.613.586,17 euros a través da convocatoria da Fundación Biodiversidad para fomentar actuacións de renaturalización e resiliencia de cidades españolas, lanzada no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiada polos fondos europeos NextGenerationEU. Este proxecto, presentado de maneira conxunta polo Concello de Santiago e a USC, recolle actuacións en diferentes zonas da cidade como o barrio de Pontepedriña, o Xardín Botánico, a lagoa do Auditorio de Galicia, co obxectivo de completar a rede de sendas e consolidar así o anel verde ao redor da cidade.

 

Etiquetas:
novas , NEXT GENERATION , plan de recuperación , transformación e resiliencia , Fundación Biodiversidad , anel verde

UnLimited Spain xunto a Yoigo buscan 10 proxectos de emprendemento con solucións innovadoras que xeren impacto social nos pobos e para os pobos da España Rural

Etiquetas:
novas , rural , emprendemento , innovación , impacto , social , proxectos

O ciclo de Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela celebrou o seu 5º Encontro baixo a temática da promoción da igualdade e da cohesión social.

 

Este Encontro comezou cunha benvida – café, da man de Creativas galegas ofrecendo produtos de elaboración galega. Para afondar na temática do Encontro contamos co relatorio de Fátima Rodríguez, que compartiu a súa experiencia na posta en marcha de “Promove, proxectos e persoas”, unha consultora social creada xunto con dúas compañeiras en Compostela.

Etiquetas:
novas , cohesión , social , AXENDA URBANA 2030 , , Encontro Emprendedores