A Plataforma por Empresas Responsables (PER) celebrará os próximos días 13 e 14 en Santiago as xornadas "Por unha Economía Global Xusta e Sostible", coincidindo co primeiro Encontro de Ministros e Ministras de Economía e de Finanzas da UE, Latinoamérica e Caribe, que se celebrará na nosa cidade os próximos días 15 e 16, enmarcado na axenda da Presidencia española do Consello da Unión Europea. A primeira tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos Sociais, María Rozas, presentou hoxe o foro, acompañada por Amaya Acero, coordinadora da PER; e José Luis Barreiro, membro da xunta directiva da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento e coordinador de Entreculturas en Galicia e Asturias.
Retomamos a formación para emprendedores e empresas
Talleres en setembro:
- 15 setembro: CRM a ferramenta clave para impulsar as túas vendas
- 19 set.: Conceptos básicos de ciberseguridade para empresas
- 21 set.: O plan de empresa na startup
- 27 set.: Procura de financiamento e estados financeiros
- 28 set.: Aprende a crear as túas campañas en Google Ads
Enviamos a información e enlace de inscripción da primeira formación:
CRM: a ferramenta clave para impulsar as túas vendas
"Customer Relationship Management" eficaz
para personalizar e optimizar a comunicación cos teus clientes
Durante os meses de setembro e outubro estos proxectos formarán de balde a cidadanía compostelá interesada en innovación, fabricación dixital e dixitalización.
O Concello de Santiago e a Unión de Consumidores de Galicia poñen en marcha a segunda edición dos Laboratorios de Economía Circular, cuxo obxectivo é concienciar a cativada e adultos sobre hábitos de consumo responsables e solidarios co medio ambiente. As actividades desenvolveranse entre o luns 4 e o xoves 7 de setembro en horario de tarde e son completamente de balde.
A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá o expediente de contratación das obras para a rehabilitación integral do pavillón municipal de Vite, cun orzamento global de máis de 1,3 millóns de euros e que arrancarán previsiblemente a partir de xaneiro de 2024, cun prazo de execución de seis meses. Tamén se deu luz verde a cinco convenios de colaboración do Concello de Santiago con diferentes entidades culturais e sociais por un importe total de 67.000 euros. De todos os asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa Goretti Sanmartín.
O ciclo de Encontros Emprendedores continúan no verán, desta volta cunha sesión sobre "As alternativas arredor da vivenda para un xubilar activo, participativo e autoxestionado" que terá lugar o vindeiro martes 22 de agosto, entre as 11 e as 13 horas no Mercado Galego da Creatividade (Creativas Galegas). A inscrición é gratuita e aberta a todas as persoas interesadas.
Na primeira sesión ordinaria de agosto, a Xunta de Goberno deu luz verde ao inicio da contratación das obras de reforma da Praza de Abastos, que contan cun orzamento de licitación de 518.000 euros. Tamén aprobou a concesión das axudas para a promoción e dinamización comercial por un importe de 85.000 euros e o inicio do expediente para a redacción do proxecto da obra de rehabilitación integral do complexo deportivo de Santa Isabel. De todos os asuntos deu conta en rolda de prensa a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.
O Código de Boas Prácticas ofrece unha serie de recomendacións para que as persoas que visiten Santiago respecten tanto o patrimonio como a veciñanza do concello.
Este servizo, que comezou a funcionar esta semana, pretende informar a habitantes, visitantes e hostalaría da necesidade de coidar a nosa cidade de xeito colectivo. Durante todo o verán, o persoal de Santiago Sostible informará a pé de rúa en horario de maña e tarde sobre a importancia de manter a cidade limpa e coidada, tanto por ser Patrimonio da Humanidade como para favorecer a convivencia entre a poboación local e todas as persoas que a visitan. Este novo servizo foi presentado esta mañá por Xesús Domínguez, concelleiro de Sustantibilidade Ambiental.
Goretti Sanmartín vén de participar na cidade de Tarragona na constitución da Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entidade na que participará ademais como membro da Comisión Executiva, como vicepresidenta primeira e como presidenta da Comisión de Patrimonio. Na sesión de constitución, a Asemblea acordou impulsar o programa de actos de celebración do 30 aniversario do Grupo e o calendario de promoción internacional