Durante este programa intensivo de 2 xornadas, abórdanse as distintas etapas para aprender a deseñar solucións viables a retos ou desafíos plantexados, ao través da innovación aberta. As persoas participantes traballarán con distintas ferramentas de design thinking para explorar e deseñar diferentes solucións.
Traballaránse aspectos como a creatividade, o pensamento innovador e a colaboración en equipo para aprender a idear solucións innovadoras a desafíos plantexados mediante un proceso estruturado.
XORNADA 1 (28 de Xuño de 15:30h a 19:30h): Innovación aberta e cocreación: presentación de retos e ideación.
XORNADA 2 (29 de Xuño de 10:00h a 14:00h): Innovación aberta e cocreación: prototipado e presentación de solucións
Dirixido a:
- Persoas emprendedoras e StartUps
- Persoas autónomas e profesionais
- Pemes, Micropemes e Empresas do territorio
- Persoas interesadas na innovación aberta e a metodoloxía design thinking.
A xornada será impartida por Pablo López, especializado nos procesos de transformación empresarial a través de metodoloxías Design Thinking, Lean Startup e Leigo Serious Play.
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, mantivo esta mañá unha primeira reunión institucional co reitor da USC, Antonio López, tras a que anunciaron a elaboración dun protocolo de colaboración entre o Concello e a USC co obxectivo de favorecer a integración do estudantado na cidade e definir o uso das infraestruturas de ambas institucións que marcará "unha folla de ruta" para os vindeiros anos.
A Xunta de Goberno tomou coñecemento dos acordos das comisións bilaterais do pasado 11 de maio, relativas á rehabilitación de vivendas en Santiago de Compostela. En concreto, deu conta dos programas de axudas de eficiencia enerxética para vivendas do "Plan de recuperación, transformación e resiliencia 2023-2025" do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, financiado pola Unión Europea con cargo aos fondos Next Generation EU. Estímase que destas axudas poden beneficiarse 288 vivendas duns 70 edificios, entre as da cidade histórica e as de promoción pública construídas no século pasado.
O ciclo de Encontros Emprendedores ten marcada a súa vindeira cita o día 20 de xuño, ás 10:00 horas no Espazo galego da Creatividade. Os Encontros Emprendedores presentan iniciativas empresariais desenvoltas en Santiago, que dan resposta aos retos identificados pola cidadanía de cara aos vindeiros anos.
O alcalde de Santiago en funcións, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este sábado en La Laguna á Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), a entidade que reúne as 15 cidades recoñecidas pola Unesco polos seus valores universais excepcionais. Tras a protocolaria foto de familia, que tivo lugar na praza do Adelantado, o salón de plenos do Concello acolleu a que é a última asemblea antes da constitución das corporacións locais tras as pasadas eleccións municipais.
A concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Persoal e Modernización da Administración Local en funcións, Marta Abal, destacou hoxe na clausura das xornadas "Descubre o Talento", a aposta do Concello de Santiago polos centros especiais de emprego e as empresas de inserción.
Esta actuación, cofinanciado polo FEDER 2014-2020 (EDUSI - REVIVE COMPOSTELA), prevé o acondicionamento de 12.050 metros cuadrados, dos que 10.000 corresponden ao ámbito sur, ríos Sar e Vilar; e 2.050 metros cadrados, ao ámbito norte, río Sarela. O obxectivo fundamental desta operación é a recuperación deste espazo natural e a súa rehabilitación para o uso e desfrute da cidadanía.
O vindeiro mércores, 7 de xuño , en horario de 15:30 a 18:30 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza en FORMATO ONLINE a xornada GRATUÍTA:
"Como atraer e reter talento na empresa? A importancia do equipo"
O Concello de Santiago e a Unión de Consumidores de Galicia poñen en marcha unha nova actividade dirixida ao público infantil no marco do proxecto #EuCompost_ela. Trátase dun laboratorio co que se pretende achegar a economía circular a nenos e nenas entre 5 e 12 anos, acompañados por adultos, a través da experimentación e a creación in situ. En total realizaranse oito edicións en diferentes datas e zonas da cidade.
A xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a licitación das obras da senda peonil da Silvouta, enmarcadas no "Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (plan único de concellos) POS+ 2022 da Deputación Provincial da Coruña. Esta actuación conta cun orzamento base de licitación de 119.874,48 IVE engadido.