O Concello destina un millón de euros á reactivación do pequeno comercio de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou estes tres programas e enmarcounos no conxunto de medidas destinadas ao comercio, "unha das cinco patas do Plan de Reactivación Económica". Lembrou que as outras catro "patas" son o emprego, coa posta en marcha da formación online, que está sendo "un éxito total; os/as autónomos/as e as pequenas empresas, para as que "agardamos aprobar a primeira convocatoria a semana que vén"; o turismo, cuxo plan foi presentado onte; e a cultura, con medidas que "presentaremos a finais da semana que vén ou principios da seguinte".