V Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2008
O Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping, dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.
O Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping, dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe. En 2008 desenvolvéronse tres edicións: Verán, Outono e Nadal. En cada unha delas premiáronse tres comercios. Os premios consistiron en campañas publicitarias a nivel local.
O xurado, integrado por asociacións de comerciantes, consumidores e expertos na materia, valorou especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións dos establecementos; e primando tanto o escaparate como o interior do comercio. Unha vez rematada a tempada de Nadal, escolleuse un gañador anual, tendo en conta o grao de participación e a posición acadada nas distintas edicións.
PREMIADOS NO V CONCURSO MUNICIPAL DE ESCAPARATISMO SCQ SHOPING (2008)
Edición VERAN
 1º PREMIO Andrómenas
 2º PREMIO Media Lúa
 3º PREMIO Xoiaría Xanana
Edición OUTONO
 1º PREMIO Xocoátel
 2º PREMIO Media Lúa
 3º PREMIO Panxea
Edición NADAL
 1º PREMIO Saturna
 2º PREMIO Pío Pío
 3º PREMIO Panxea
GAÑADOR ANUAL: Media Lúa
 
  
  
  
     
 
 
 






