• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Está mañá celebrouse no Pazo de Raxoi un novo Consello de Administración da Uninova (Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L), da que o Concello de Santiago é socio maioritario cun 80% das accións. Durante a xuntanza, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, presentou ao Consello o proxecto de "Plataforma loxística de distribución de mercadorías no casco histórico de Compostela", do que se aprobou o tarifario proposto pola sociedade.

Etiquetas:
novas , UNINOVA , emprendemento , plataforma loxística , innovación

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, presentaron esta mañá en rolda de prensa o programa "Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social" con actividades dirixidas a prescriptores de emprego e emprendedores do terceiro sector. Esta proposta forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2022 do Concello de Santiago, cuxo obxectivo é o desenvolvemento económico local a través da fórmula cooperativa

Etiquetas:
novas , Economía Social , cooperativismo , Espazocoop , formación , emprender
Etiquetas:
novas , makerfairegalicia , MAKERS , argallando , innovación , industria , educación , emprendemento

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse esta mañá coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, para avanzar en temas como a ampliación do polígono da Sionlla ou a ampliación das áreas de rehabilitación integral.

Etiquetas:
novas , Sionlla , empresas , industria , solo industrial , solo empresarial

As conclusións do informe encargado por Turismo de Santiago no marco do proxecto Big and Open Data for Atlantic Heritage descarta problemas cos fluxos turísticos na zona monumental. Hoxe tamén se fixo público o vídeo de presentación de Santiago de Compostela como un dos destinos líderes do BODAH.

Etiquetas:
novas , turismo , crecemento , masificación , turistificación , turistificación. masificación

O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os co-directores executivos do proxecto, María Cadaval e Santiago Lago, presentaron hoxe a segunda fase do proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030, coa que se inicia un período propositivo aberto á participación popular. A través de seis Grupos de Impulso e Seguimento (GIS) e unha plataforma en liña, os cidadáns e cidadás poderán facer as súas achegas e colaborar así na creación deste documento estratéxico para o futuro da cidade.

Etiquetas:
novas , Axenda Urbana , Axenda 2030 , planificación , participación social

O certame estaba dirixido á rapazada, de entre 13 e 17 anos, que reside ou estuda no municipio compostelán.

Etiquetas:
novas , economía circular , consumo responsable

Hoxe reuniuse a terceira comisión de seguimento e coordinación do convenio entre a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Concello de Santiago de Compostela para o proxecto "Smartiago". Tanto o responsable do proxecto, Sindo Guinarte, como Patricia Argerey, directora de GAIN, coincidieron en sinalar os avances que se están dando nas tres liñas de actuación coas que conta o programa. Guinarte espera chegar a final de ano "co proxecto executado, máis alá de que despois algunhas das accións do programa teñan continuidade a través de living labs, e do despregue do propio Smartiago".

Etiquetas:
novas , emprender , GAIN , SMARTIAGO , COMPRA PÚBLICA INNOVADORA , emprendedoras , innovación , transferencia , universidade , USC , (705)

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na inauguración de "BioGalicia Summit", o encontro internacional biotech que conta con firmas galegas de referencia da biotecnoloxía no ámbito da saúde e no sector agroalimentario. O rexedor destacou a aposta do Concello pola innovación, e amosou o desexo de que "esa capacidade de investigación se transforme en industria e emprego".

Etiquetas:
novas , innovación , biotecnoloxía , Bioincubatech , emprendemento , empresas , industria , UNINOVA

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a directora xeral de Economía Social do Ministerio de Traballo, Maravillas Espín; a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Covadonga Toca; o presidente do Foro pola Economía Social Galega, Celso Gándara; a directora do CECOP (Centro de Estudos Cooperativos e de Economía Social da USC), María Teresa Cancelo; e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; participaron neste primeiro encontro no Pazo de Raxoi no que se perfilou o programa de actividades da capitalidade.

Etiquetas:
novas , Santiago Capital da Economía Social , Economía Social , colaboración