• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Os sistemas de xestión intelixente colaborativa da enerxía, onde tomen protagonismo desde as grandes comercializadoras aos pequenos consumidores van ser a clave da redución de custo económico e ecolóxico nun futuro inmediato.

Etiquetas:
novas , tecnoloxía , enerxía , oportunidades , eficiencia , intelixencia

O custo de xeración eléctrica con enerxía eólica terrestre diminuíu ao redor dun cuarto desde o 2010, mentres que a redución do custo de xeración a partir de solar fotovoltaica caeu nun 73% desde entón, segundo unha nova análise de custos da Axencia Internacional de Enerxías Renovables ( IRENA, polas súas siglas en inglés).

Etiquetas:
novas , enerxía , renovables , solar , eólica , custos , fotovoltáica

As novas tecnoloxías buscan cada vez con máis afán chegar a interactuar cos seus usuarios dunha maneira natural, que prescinda de interfaces complexos que dificulten a relación entre o home e a máquina. Parte deste proceso son os asistentes de voz, eses programas que permiten comunicarse co computador ou o móbil directamente sen teclados e que, segundo un estudo dado a coñecer recentemente por Capgemini converteranse no modo dominante para realizar pedidos de comercio electrónico no próximos tres anos.

Etiquetas:
novas , tecnoloxía , comercio , electrónico , voz

Un artigo publicado en Stanford Social Business Review argumenta que xa non podemos esperar que o goberno resolva todos os problemas da sociedade e que proporcionar apoio aos esforzos que resolven algúns destes desafíos sociais, en realidade constitúe unha vantaxe competitiva para os actores do sector privado. As organizacións orientadas a obxectivos poden construír vínculos únicos cos clientes a un nivel fundamental, e así gañar a guerra polo talento, reducir significativamente as taxas de abandono de clientes e crear unha voz poderosa e auténtica nos medios e redes sociais.

Etiquetas:
novas , Economía Social , social , innovación , competitividade , desafíos , talento

O Instituto para o Desenvolvemento e Integración da Sanidade ( IDIS) prevé que uns 140.000 pacientes internacionais contratarán algún tratamento nun centro privado español este ano. Ademais, estima que o turismo de saúde supoñerá máis de 1.000 millóns de euros en 2020 en España, un 40% máis respecto das previsións da industria para 2018.

Etiquetas:
novas , turismo , oportunidad , sanitario

O móbil segue sendo o líder entre os dispositivos utilizados para conectarse a internet, alcanzando o 85,3% no último mes. Ademais, en 2017 rexistra unha penetración do 87,4%, dato que gaña aínda máis valor se se ten en conta o 39,7% de tan só dous anos atrás.

Etiquetas:
novas , consumo , comercio , tendencias , mobil , internet , navegación

A pesar de que o 54 % dos alumnos das universidades españolas son mulleres, só o 39 % delas desenvolve a súa actividade profesional na rama científica ou tecnolóxica; e non só iso, senón que o avance que se produciu nos últimos anos nese campo hase estancado.

Etiquetas:
novas , emprendemento , ciencia , tecnoloxía , USC , muller

A própole é un cemento ou masilla bio-activa de carácter principalmente resinoso que as abellas procesan de forma natural a partir de substancias oleo- gomo- resinosas que recollen de diferentes partes de plantas diversas próximas ao colmear. 

Extraído de campogalego.com. 

Contido publicado baixo licenza Creative Commons – Recoñecemento – Non Comercial – Compartir igual (CC-BY-NC-SA) 4.0 International.

Etiquetas:
novas , desenvolvemento , rural , própole , apicultura , mediciña , natural.

A revista Nature publicou unha técnica para aumentar a densidade da madeira sen abrandala nin que volva ao seu estado orixinal. Basicamente férvese a madeira nunha solución cáustica e comprímese mentres ferve. Mediante este proceso conseguiuse crear, de forma experimental, unha madeira tres veces máis densa que a que non foi tratada. E ademais é 10 veces máis difícil de romper, 20 veces máis ríxida e 50 veces máis resistente á compresión.

Etiquetas:
novas , sustentabilidade , madeira , construción , dureza , resitencia , estrutura , materiais

Implementando varias tecnoloxías: vehículos autónomos, construción de edificios modulares ou novos sistemas de infraestrutura, pódese, por exemplo, reducir o custo de vivir nun 15 por cento. Con novos servizos de mobilidade e o desenvolvemento radical do uso mixto de vehículos que aproximan o lugar de traballo aos fogares, pódese devolver á xente unha hora ao día. Con novos materiais e tecnoloxía de mitigación do clima, pódese mellorar a usabilidade do espazo ao aire libre en climas fríos. Con estruturas loft adaptables e claves de acceso baseadas no uso, pódese facer que os edificios sexan moito máis flexibles.

Etiquetas:
novas , Economía Social , economía , social , innovación , plataforma , infraestructuras , urbana