Dous terzos dos comercios non posúen os medios necesarios para entender o comportamento de compra dos clientes, segundo indica o estudo ‘EKN Tyco Immersive Retail Experience Survey’ realizado por Tyco Retail Solutions xunto a EKN. Un de cada dous comerciantes polo miúdo pensa que o uso dos datos almacenados nos seus sistemas pode axudarlles a mellorar a dispoñibilidade de inventario, mentres que o 40% pensa que estes datos poden axudarlles a deseñar promocións específicas.
A OMT prevé que chegaremos aos 1.800 millóns de turistas internacionais cara a 2030. Tamén se calcula que, na actualidade, cada ano case 6.000 millóns de persoas fan viaxes turísticos dentro do seu propio país. Por tanto, é probable que cheguemos aos 10.000 millóns de persoas viaxando no ano 2030.
Os destinos turísticos, que durante moito tempo organizaron as súas actividades de promoción a partir da asunción de que a difusión estaba a cargo de terceiros -medios, sitios web, blogues, etc- están cada vez máis abocados a construír a súa presenza na Rede. O problema: implica publicar en múltiples sitios e perfís de redes sociais; ter métricas das accións; contar con orzamento para promoción; e máis.
Está a eliminar o comercio electrónico o comercio físico?
O desenvolvemento do comercio electrónico coincide cun descenso da presenza e uso de tendas físicas, segundo un estudo global sobre hábitos de consumo realizado por Ipsos en 24 países, que conclúe que os consumidores observan cada vez menos negocios tradicionais de rúa.
Unha tecnoloxía desenvolta por unha empresa de recente creación eslovena, busca conseguir que museos e destinos turísticos de interese cultural consigan unha maior atención e visitas. O seu modelo combina o método tradicional das audioguías con pequenos compoñentes de xogo, como enigmas, adiviñas e a procura de obxectos virtuais en localizacións do mundo real que se escanean co smartphone grazas, claro, á realidade virtual. Moi parecido a como se fai cazando Pokemons.
Galicia conta con arredor de 210.000 hectáreas de monte ordenado, dotado de plans que organizan cuestións coma o uso do espazo, o calendario de traballos silvícolas ou os turnos de corta. Esa superficie representa un 10% de todo o monte galego, pero queda outro 90% sen planificación.
A Sala Númax acoller hoxe, de 9:00 a 11:00 horas, o último dos Almorzos do bo facer. Este último encontro, que leva por título "Almorzo proxecta", culmina o proceso de recollida de ideas nacidas da interacción entre cooperativas do mesmo ámbito ou con iniciativas semellantes, dando a coñecer os proxectos que serán presentados ao Concello para ser estudados e recibir apoio. Neste almorzo participarán Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais, e Carme Casado, técnica municipal de Promoción Económica.
Son catro iniciativas empresariais ( spin off) que emerxeron de grupos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e ao amparo da Fundación Ramón Domínguez, e que buscan nichos no mercado a partir de esforzos dedicados á I+D+i ademais de promover 18 empregos.
Logo de realizar en anos pasados varias edicións do seu evento Update en Santiago de Compostela, o afamado escritor e conferenciante Alfóns Cornellá, regresa o vindeiro 21 de decembro de 2017 para presentar o seu novo formato Radical es Normal.
Coa innovadora metodoloxía que caracteriza as presentacións de Alfons, este evento é unha oportunidade única para comprender os cambios económicos e sociais que as tecnoloxías poden provocar e detectar neles oportunidades de novos negocios. O evento é gratuito, pero o aforo é limitado. Date presa en reservar a túa praza.
O Concello de Santiago vai ser o primeiro do Estado en asinar un convenio co Ministerio de Economía para a captación de fondos europeos FEDER destinados ao fomento da compra pública innovadora, no período 2014-2020. A firma deste acordo, que foi aprobada por unanimidade polo Pleno da Corporación municipal, permitirá desenvolver o proxecto Smartiago, no que o Goberno local leva traballando dende comezos do mandato.







